Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
18:50 28/11/2008 Atentado múltiple en Mumbai

Paquistán compartirá información secreta coa India para probar a súa inocencia

O ministro de Exteriores indio fala dunha "evidencia preliminar" sobre a súa vinculación. Continúan os combates. Cinco reféns morreron no centro xudeu.


Baldaio, 30 anos despois dun pulso
Hai trinta anos os veciños da marisma carballesa de Baldaio libraban unha loita contra unha empresa que extraía áridos naquela paraxe. O conflito, canda outros coma o das Encrobas ou Xove, é un referente da historia recente do país.

Antigos aliados

Dende Cuba con amor

O presidente ruso, Dmitri Medvédev, visita a illa caribeña para relanzar as relacións bilaterais dúas décadas despois da caída do campo socialista.

Empregados á folga

"Traballar no comercio e ter familia e fillos? Imposíbel"

Estreitos soldos, horarios revirados e impacto precarizador das grandes cadeas están atrás das folgas no sector. Os sindicatos critican a Industria e Traballo.


Non contaban milleiros de traballadores

O PP agochaba e "falseaba" as cifras de funcionariado, censura o Goberno

Desde Presidencia falan do aumento de emprego en Sanidade e Educación, e recórdanlle que non incluían nas estatísticas públicas persoal laboral temporal.

Ataques múltiples en Mumbai

Comandos de elite tentan abater os milicianos aínda atrincheirados

O primeiro ministro, Manmohan Singh, di que os implicados teñen a súa base "fóra do país" e que non permitirán que "veciños" lles dean acubillo.


Exixen a súa retirada

A polémica dos crucifixos chega a Galiza

O sindicato STEG cre que non é unha decisión que deba recaer nos Consellos Escolares e que aludir á autonomía dos centros é "un intento" da Consellaría "de inhibirse das súas obrigas".

CRISE

Zapatero anuncia 11 mil millóns de euros para obra pública e creación de emprego

O presidente do goberno español adianta a aprobación dun crédito extraordinario do 1,1% do PIB co obxectivo de crear 300 mil postos de traballo.



Enquisa

Mercaría vostede máis os produtos que estivesen na nosa lingua?






Locais:
GZ-Sete