A incorporación da República de Honduras como membro pleno á Alternativa Bolivariana para los Pueblos de Nuestra América (ALBA) afianza a emancipación dos pobos de América e o Caribe, aseverou o xefe de Estado venezuelano, Hugo Chávez Frías, durante o acto oficial de adhesión no Palacio José Cecilio del Valle deste capital.
O presidente Hugo Chávez informou este luns que o seu Goberno está preparado para responder a unha eventual demanda da arbitraxe internacional por parte da empresa cementeira mexicana Cemex a cal foi nacionalizada esta semana. O presidente mexicano enviou unha carta ao presidente venezuelano que asegurou que a carata contiña "conceptos estraños" e que daría a coñecer en breve a súa resposta.
Onte mércores comezaron as converss entre os gobernos da Arxentina e Venezuela para analizar as fortalezas económicas de troco comercial que xerará a construción do Tren del Sur, que proxecta conectar a Buenos Aires e Venezuela cun camiño de ferro que partiría de Caracas a Buenos Aires segundo declaracións do ministro do Poder Popular para a Infraestrutura, Isidro Rondón.
O presidente venezuelano, Hugo Chávez Frías, participou no acto de entrega de títulos a 393 profesores especialistas en Desenvolvemento cultural. "O fascismo derrótase con cultura", foron as declaracións do presidente Chávez no acto realizado no Complejo Cultural Teresa Carreño. Chávez recordou ao poeta García Lorca no acto e dixo que en Venezuela "acabouse a cultura elitesca, restrinxida, que moitas veces non era cultura nin era nada. Hoxe hai en Venezuela unha enxurrada cultural".
Nunha comunicación enviada polo presidente de Goberno español ao director venezuelano José Antonio Abreu, José Luis Rodríguez Zapatero expresoulle o seu agradecemento polo efecto positivo e esperanzador que as Orquestas Juveniles e Infantiles de Venezuela causaron durante as súas actuacións en Europa.
Unha doenza descoñecida matou polo menos a 38 membros da etnia warao (homes da auga na súa lingua) en vilas remotas de Venezuela do Delta Amacuro, segundo líderes indíxenas e algúns investigadores estadounidenses da Universidade de California Berkeley.
Cinco mil 553 millóns de barrís de petróleo incorporáronse ás reservas probadas de Venezuela, así o volume chega a 134 mil 866 millóns de barrís, cifra que por agora coloca a Venezuela no 3º lugar no mundo en número de reservas de petróleo.
Estímase rematar o Proyecto Socialista Orinoco Magna Reserva en 2009 coa incorporación de 179 mil 751 millóns de barrís de reservas probadas de petróleo adicionais, polo que Venezuela ratificará que dispón da maior reserva de petróleo no mundo con 314 mil 617 millóns de barrís certificados.