12:06 28/11/2008 Organismos públicos e ONG investigarán 10 áreas mariñas españolas fóra de litoral nos próximos cinco anos
O
Banco de Galicia é un gran monte submarino localizado a uns 200 km ao oeste da costa galega, nunha zona de afloramentos o
upwelling, o que implica que as augas situadas por riba del son particularmente ricas en nutrintes e presentan unha elevada productividade primaria. Agora comenzase a valorar a súa importancia biolóxica, e formar parte da Rede Natura 2000
10:59 28/11/2008 Incomprensibelmente cualifica a Feira como venda ambulante
O Concello de Santiago ven de respostar a solicitude que Verdegaia apresentara no mes de Xuño solicitando a ocupación da Praza de Mazarelos os últimos sábados de cada mes, en horario de 11 a 14 horas, para a celebración dunha Feira de Troco. A pesares de que o propio Concello ten promovido a través de axudas materiais a celebración doutras edicións das Feiras de Troco de Verdegaia, o Concelleiro delegado de Mercados, Carlos Nieves, decidiu non conceder o permiso por non atoparse Verdegaia inscrita dentro do Rexistro de Comerciantes de Xunta de Galicia.
10:56 28/11/2008 Esta data simbólica enténdese como unha queixa contra o modelo de sociedade do consumo
Dende hai 16 anos vense celebrando o Día sen Compras, unha iniciativa que xurdiu en Canadá baixo o lema "o bastante é suficiente". Un día no que a modo de protesta contra o consumismo imperante se anima á poboación a que deixe de lado o carriño da compra. Unha xornada na que poderemos descansar do noso papel de consumidores/as natos e invertir o tempo gañado nunha reflexión sobre o modelo "hiperconsumista" do que formamos parte.