Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
18:59 26/11/2008 Escándalo financeiro en Portugal

Descobren ligazóns encubertas do Banco Portugués de Negócios con políticos madeirenses

Despois de que fose nacionalizado, tras coñecerse os 700 millóns de euros en perdas que acumulaba, agora investígase a súa relación coa campaña do presidente da República.


TENTATIVA DE MOTÍN

Soldados tentan asaltar a residencia do presidente da Guiné-Bissau

O tiroteo produciuse horas despois de se coñecer a esmagadora vitoria do PAIGC nas eleccións lexislativas.

segundo un estudo

A discriminación está na base do analfabetismo da poboación negra do Brasil

No país hai 14 millóns de persoas iletradas; nove deles, a maioría, son 'pretos'. A discriminación nas escolas e nos libros prexudica o desenvolvemento escolar destes alumnos.


RESPOSTA PARLAMENTARIA

As televisións portuguesas chegarán en 2012

Comunicación Audiovisual di que o atraso da TDT en Portugal adía a chegada. Lobeira lamenta que a TVG gaste "sete millóns en dobrar telenovelas sudamericanas".

CAMIÑOS DO AIRE

Ningunha liña aérea de Angola poderá sobrevoar Europa por motivos de seguridade

Bruxelas mantén tamén as prohibicións a todas as compañías de Guinea Ecuatorial, Indonesia, Liberia, Serra Leoa ou a República Democrática do Congo.


Eleccións lexislativas

A Guiné-Bissau vai as urnas á procura de estabilidade

Só se cubrirán 100 dos 102 asentos que ten o Parlamento, xa que a diáspora non vota dende 1999 para poder elixir os seus dous representantes.

Este sábado, 32 anos logo da súa morte

O goberno de Brasil concede a amnistía póstuma ao ex presidente João Goulart

Popularmente coñecido como 'Jango', gobernou con políticas sociais até o golpe militar de 1964. En 1976, asasinárono na Arxentina, onde vivía exiliado.








Locais:
GZ-Sete