SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 (EUROPA PRESS)
A Consellería de Vivenda dedicará 30.000 euros a financiar as 'Xornadas internacionais de economía social en vivenda e crédito' que organiza o sindicato CIG. Este seminario analizará a magnitude dos problemas sociais actuais e, entre eles, os que están vinculados ao acceso a un fogar propio.
Así o recolle o convenio subscrito hoxe entre a titular deste departamento, Teresa Táboas, e o secretario xeral da organización sindical nacionalista, Suso Seixo.
Ambos os dous responsables coincidiron ao sinalar a importancia de promover a vivenda protexida sobre todo nunha situación económica como a actual. Táboas e Seixo sinalaron que esta opción permita responder ás necesidades dos cidadáns con máis dificultades para darlles acceso a unha vivenda e, ademais, constitúe un nicho de actividade económica para o sector da construción.