Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


EuropaPress


Vicepresidencia valorou máis do 90% das solicitudes de dependencia presentadas, que superan as 46.300

20:46 27/08/2008

O PSdeG reclama "maior transparencia e celeridade" na aplicación da Lei de Dependencia

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 (EUROPA PRESS)

Vicepresidencia destacou hoxe que están valorados o 90,35 por cento das solicitudes de dependencia presentadas, que ascenden a 46.353, o que sitúa a Galicia como a terceira comunidade do Estado con maior número de dependentes valorados, só por detrás de Andalucía e Cataluña.

En canto á atención ás persoas dependentes, un total de 39.233 galegos benefícianse na actualidade, segundo precisou Vicepresidencia, das prestacións do Sistema Galego de Benestar dentro da área de autonomía persoal.

Entre elas, inclúense as 2.222 que xa perciben a libranza do coidador, a paga para coidadores habituais de dependentes que se inclúe no catálogo de servizos do Sistema Galego de Atención á Dependencia.






Locais:
GZ-Sete