Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARTICIPA NA COMUNIDADE

Xa tes o teu Vieiros?

Martinho, Maria, Ghanito, Xan, Lousada... Preto de 200 internautas reservaron xa o nome para o "Vieiros de meu". Únete a nós!

Redacción - 19:50 09/03/2007
Tags: Vieiros
Participa!

Participa!

Desde que na madrugada do mércores para o xoves entrou en funcionamento o novo formato de Vieiros e até o momento de escribirmos estas liñas, arredor de 200 persoas inscribíronse para ter un Vieiros de seu.

Participar no chat e comentar as informacións e artigos son algunhas das primeiras posibilidades para a comunidade de Vieiros, pero iremos achegando novidades para que non só sexades lectores, senón activos participantes.


Na caixa de correo, no foro ou mesmo no pé do FAQ de presentación, deixástesnos vizosas reflexións. Tomamos nota das vosas críticas, tamén agradecemos os parabéns, e tentaremos atopar os puntos de encontro entre as propostas que facedes e responder a elas en todo o posible.


Ligazóns

4,9/5 (10 votos)

Comentarios (1)

xoca #1 11/Marzo/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que pasa con Antón Losada?
Eu non podo dar unha resposta por descoñecer o que está a pasar con Antón Losada. Da a impresión de que hai contas pendentes, alguén lle está a pasar fatura. A min non me gosta nada todo isto, creo que deberia tomarse un tempo para meditar e despois atuar.
Confio en que todo sexa unha espécie de caza de bruxas, pero o que si deberiamos saber é quen está detras.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: