Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

As claves: Entre prognósticos e prioridades

O que contan os programas dos partidos nalgúns dos temas chave, as previsións das enquisas, voto emigrante...

Redacción - 13:00 23/05/2007

Urbanismo: Ideas para recompoñer as pezas do territorio desde os concellos
A actualidade converteu en prioridade estratéxica a política urbanística nos concellos.

Transporte: A mobilidade sustentábel
O aumento de poboación nas principais cidades trae consigo o aumento do parque automobilístico, mais as urbes non están preparadas para soportar tanto tráfico.

O que prognostican as sondaxes
Escolma das enquisas máis recentes.

A igualdade nas listas non evitará o monopolio masculino nas alcaldías
Un total de 175 mulleres aspiran a alcaldesa. De máis dun milleiro de candidaturas só o 14.6% teñen unha muller nese primeiro posto.

As deputacións, ese escuro obxecto de desexo
As forzas políticas pelexan polo poder duns organismos que están sempre en cuestión pola súa utilidade e polo xeito de escoller os seus representantes.

A quen elixo nas vindeiras eleccións?
Xa están publicadas as listas que compiten polas alcaldías de todo o país. Podes acceder a elas por medio de Vieiros.

Vinte e un alcaldes amarrados ao cargo desde hai case trinta anos aspiran a recuncar
Sete deles xa gobernan os seus concellos desde os tempos da ditadura.

Vivenda: digna?
A comezos de ano, un informe sinalaba que a nivel estatal Galiza rexistra o maior crecemento no prezo da vivenda, un 15% no último ano, cinco puntos por riba da media do Estado. Que propoñen as formacións políticas para combater a situación desde os municipios.

As oportunidades para a participación cidadá
Cada catro anos os veciños teñen dereito a poñer o seu voto na urna... Pero, e entre elección e elección? Que resortes hai para canalizar as queixas, inquedanzas e propostas dos cidadáns?

Emprego: veciños e precarios
Malia que o balance de 2006 amosa un descenso do paro do 10%, o desemprego está moi por riba da media en Galiza. Ao tempo, temporalidade ou baixos salarios son tamén características do mundo laboral do país. Hai ideas para mudar a situación desde os Concellos?

Novas tecnoloxías: o wi-fi boom
As novas tecnoloxías eran un campo aínda pouco explotado polos políticos nas campañas electorais. Os avances técnicos que en catro anos se producen permítenlles aos partidos facer multitude de novas promesas, especialmente sobre o acceso á internet gratuíta sen cabos.

Os partidos aceleran a caza dos 316 mil electores da emigración
Os tres partidos coinciden na necesidade de poñer en marcha mecanismos de transparencia do voto emigrante e reclaman a reforma do CERA. Con todo, ás portas das eleccións municipais, as iniciativas concretas para o control da situación escaseaban, e os grupos políticos esfórzanse en buscar o apoio da ampla saca de votantes do exterior ao tempo que se cruzan acusacións por presuntas irregularidades.

En campaña: atención, linguas soltas!
"O concejal é unha persoa máis próxima ao pobo do que o son un concelleiro ou un conselleiro" Quen dixo que?


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: