Manu Lago e Alberto Dafonte, vencedores do concurso, recolleron cadanseu premio este luns. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, visitou Vieiros para a entrega dos galardóns.
O xurado decidira outorgarlle os premios á fotografía “Saca a lingua a flote” de Manu Lago e ao vídeo
“Pelotas” de Alberto Dafonte.
O tribunal estivo composto polo fotógrafo Manuel Sendón; polo tamén fotógrafo e xornalista Roberto Ribao; e por César Galdo, licenciado en Ciencias da Comunicación e gañador do último certame de vídeo organizado polo Centro Multimedia de Galicia. O editor de Vieiros, Lois Rodríguez, exerceu como secretario, con voz pero sen voto.
O xurado destacou a alta participación e a gran calidade de moitos dos traballos presentados. No apartado fotográfico valoraron a obra gañadora polo seu xogo cromático e de texturas. Ademais salientaron a harmonía entre foto e texto. No caso dos vídeos, o xurado destacou a orixinalidade e o humor do vídeo gañador: “Pelotas”, de Alberto Dafonte.
Ao certame, patrocinado pola Secretaría Xeral de
Politica Lingüística, presentáronse 99 fotografías e 3 vídeos. Os gañadores recibiron unha
cámara fotográfica e unha de
vídeo.