Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil



Coa abstención dos EUA

O Consello de Seguridade da ONU exixe "cesamento inmediato do fogo"

4

09:00 - Nacións Unidas suspende o labor de axuda en Gaza despois da morte dos traballadores dun transporte que, malia levar identificación clara, foi atacado por Israel.

Nivel verde de alerta

A neve dificulta o tráfico nalgunhas estradas do país

1

10:00 - As temperaturas non experimentarán cambios significativos, e continuará a sensación de frío durante este venres.

Web electoral oficial

"Sknos d PP en Ourns", o 1M vía SMS

11:15 - Mentres a tecnoloxía e a burocracia segue bloqueando o voto emigrante en urna, preséntanse outros avances: recepción dos resultados no móbil.

IZIANNE CASTRO, DO EXTRUGASA É A GRAN ESTRELA

O Apalpador portouse ben cos equipos galegos de baloncesto

09:00 - Os equipos das máis altas ligas, a nivel estatal, aproveitaron o nadal para incorporar ás súas filas novos xogadores e xogadoras.

Tal como pedía o PPdeG

TVE quere organizar un debate só con Touriño e Feijoo

6

10:40 - Queren repetir a fórmula empregada nas eleccións españolas, mais a idea non sentou ben no bipartito, nin tampouco no seo do BNG, que queda excluído.

No ensino secundario

O portugués será materia obrigatoria para as escolas Arxentinas

1

11:45 - Coa integración co Mercosur como un dos obxectivos subliñados, o Senado arxentino aprobou a iniciativa.

REPITE A EXPERIENCIA DO ANO PASADO

Pontevedra mantense na elite do triatlón europeo

13:00 - O vindeiro 17 de maio celebrarase na cidade unha proba da Copa de Europa, na que poderemos ver en acción a plana maior do triatlón galego, incluído Gómez Noya.

ELECCIÓNS GALEGAS

O BNG ultima un programa electoral que ten como eixos un novo Estatuto e a normalización lingüística

2

11:00 - En materia económica, a organización frontista aposta por unha nova Lei de Caixas e pola creación dunha taxa para gravar a enerxía producida no país.

Acceso para máis de 220 millóns de falantes

Lendo 'Os Lusíadas' no teléfono móbil

13:25 - O Instituto Camões dispoñibilizou na rede máis de 1.200 documentos históricos, que abranguen os últimos cinco séculos da historia de Portugal.

NOVO ENSAIO DE ALONSO MONTERO

As letras galegas que viron morrer a Franco

09:00 - O libro recolle 38 traballos publicados polo profesor en Triunfo e outras publicacións de fóra de Galiza entre 1962 e 1980.

Golfiño solitario embaixador

O arroaz Gaspar cumpre un ano nas costas

09:00 - A Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños cóntanos dos golfiños solitarios no litoral do país e achega recomendacións para quen tope con eles.





Protexidos para ti


Descarga o PDF cos relatos de No lombo do Atlántico
SCRIPTORIUM VERBUMIENSE



Outros canais


PuntoGal xornal pontevedra