Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN

Xoguetes na nosa lingua, un camiño retorto

O debate sobre a dificultade para que os nenos xoguen en galego chegou este veners ao Parlamento.

Redacción - 14:26 28/03/2008

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, recoñeceu este venres no Parlamento que a industria xogueteira pon numerosos atrancos para fabricar bonecos que falen na nosa lingua. López contestou a diferentes preguntas do BNG sobre a normalización do noso idioma neste sector. A secretaria xeral explicou que o seu departamento contactou, e seguirá a contactar, coas industrias mais matizou que non está disposta a asumir o que queren algunhas firmas: que a administración merque con cartos públicos partidas de xoguetes.

O deputado nacionalista Bieito Lobeira valorou positivamente os pasos dados pola secretaría xeral neste eido pero sinalou que é preciso aumentar o esforzo. Lobeira cre que onde máis se ten avanzado é en literatura infantil pero sinalou que hai graves carencias nos aparellos informáticos, na dobraxe e nos bonecos.


  • 5 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: