Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'Biocultivos', gañadora de A polo ghit 2007

O Festival de Cans acolle a estrea mundial do videoclip de Sacha na Horta

Os premios ás mellores pezas recaeron en 'Calamar' (The Homens), que gañou o do xurado, e en 'Espanha a las 8' (Elodio y los Seres Queridos), o do público.

Redacción - 12:30 23/05/2008

O Festival de Cans 2008 chega este venres á súa quinta xornada, a segunda dunha intensa fin de semana que culminará este sábado coa entrega de premios ás mellores proxeccións.

A quinta feira foi a quenda dos videoclips: o galardón do xurado foi parar a Calamar (The Homens), de Roi Fernández e Isaac Cordal, namentres que o do público recaeu en Espanha a las 8 (Elodio y los Seres Queridos), de Alberto Baamonde.

O venres ás 23.00 horas, Alicia Sánchez, veciña da localidade, e o actor Miguel de Lira recibirán os chimpíns de prata pola súa colaboración co certame, e Chete Lera, o premio de honra Pedigree'08.

Este é un dos numerosos actos do día, que inclúen entre outros a estrea do filme gore Maldito bastardo, de Javi Camino, con motivo do Día Mundial do Orgullo Friki, ás 16.30 horas. Case a mesma hora -quince minutos antes- doce persoas poderán asistir á performance musical Ruído baixiño, de Víctor Coyote, que volverá repetir ás 18.30 horas tamén para outra ducia de espectadores.

Para os que non lles interese a actuación ou para os que xa a viran antes, ás 19.00 horas, proxéctase unha selección de curtas do Shoot-Me Film Festival (A Haia, Holanda), coa presenza dos responsábeis do certame, e ás 20.15 horas, é a estrea mundial do documental Fin da viaxe infinita, de Iván López Gimeno.

Procesión de chimpíns, Noite de Estrea e Festa do Cine
Non hai escusa para se perder a procesión nocturna de chimpibuses ás 21.30 horas, con saída no Bar Moncho e chegada no torreiro de Cans, amenizada polo pasarrúas de Treboada Baixo Miño.

O prato forte da xornada chegará ás 22.00 horas coa Noite de Estrea: Mais cans que nunca, de Luis Otero; o videoclip Biocultivos (canción gañadora de A polo ghit 2007), de Sacha na Horta, dirixido por Manu Viqueira; o tráiler de presentación do documental Cinco de Cans; e as pezas gañadoras do concurso de videoclips conforman o menú.


Sacha na Horta encheu no seu debut en Compostela, en xaneiro

Logo da entrega dos premios honoríficos deste ano Miguel Costas & La Banda Turca, presentan en concerto o disco Baja el pantalón. A Festa do Cine, a partir das 1.00 horas xa do sábado, poralle punto e final á xornada do venres (ou dará inicio a do sábado, segundo se mire).


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: