Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Presentan moción conxunta no Concello

PP e BNG apoian unha proposta de Adega para unha modificación da autovía Lugo-Santiago

Instan a Fomento a mudar un dos treitos da vía para que non lle afecte a unha carballeira centenaria e a varias explotacións agrarias.

Redacción - 10:30 24/05/2008

Unha inédita moción conxunta, asinada á vez polos voceiros municipais de PP, Xaquín García Díez, e BNG, Xoán Antón Bao, foi posíbel esta semana no Concello de Lugo. Populares e nacionalistas recollían así de común acordo a solicitude que lles trasladara a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, para a modificación do enlace da futura autovía Lugo-Santiago previsto na parroquia de Esperante.

Adega denunciara o importante impacto que a autovía causará nese lugar, afectándolle a unha carballeira centenaria e a diversas explotacións agrícolas que hai na zona, ademais de implicar unha barreira nas comunicacións diarias dos veciños das parroquias do lugar. A moción insta ao Ministerio de Fomento a que nos trámites de execución do proxecto da autovía A54, que unirá Lugo e Santiago, inclúa unha modificación do trazado no encontro da autovía coa estrada N540.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: