Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
NO XULGADO DIN QUE SABIAN O QUE FACÍAN

O asasinato dunha nena a mans de dous pequenos escandaliza a Arxentina

Dous irmáns de 7 e 9 anos aforcaron a unha pequena de dous anos e sementaron o espanto na sociedade arxentina. A nai dos rapaces é adicta ás drogas e ao alcohol e viven nun fogar moi precario e onde o único que sobra é a violencia.

Débora Campos - 11:05 25/05/2008
Tags: Arxentina

Levaba pouco perdida na rúa, cando a pequena Milagros Belizán de dous anos foi atopada por dous irmáns de 7 e 9 anos que vivían moi cerca da súa casa. Pero os nenos non a acompañaron onda a súa familia senón que a levaron ainda máis lonxe: a 15 rúas. Unha vez dentro dun solar abandonado do barrio, espírona a aforcárona. O caso foi incrible para a sociedade arxentina ata que esta semana a xustiza confirmou que os nenos confesaron o crime e deron detalles da saña que aplicaron contra a pequena.

Todos os pequenos vivían en casetas de madeira xunto a varios irmáns no populoso barrio de San José, na cidade de Almirante Brown, unha das zonas máis empobrecidas da periferia bonaerense, onde proliferan os asentamentos entre rúas sen asfaltar, lixos e arroios contaminados.

Nun solar dese barrio é que a nena apareceu morta o domingo, espida, con sinais de violencia e aforcada cun cable groso. Os seus dous veciños, os pequenos César e Ezequiel, de 7 e 9 anos, declaráronse o luns autores do crime. Para moitos a versión non era crible ata este martes, cando unha xuíza que colabora na investigación revelou que os nenos confesaron ante a Xustiza que eran "conscientes do crime" e "repetiron escenas de violencia" que vivían na súa casa. Con todo, "hai moitas cousas que á familia non lle cadran, por exemplo, como estaba o cable, ben atado ao pescozo da nena, tiñan que facer unha forza moi grande e eu digo que hai unha persoa grande, non me entra na cabeza", explicou a Efe Analía, de 22 anos, irmá maior da pequena asasinada. Os pequenos e a súa nai –unha rapaza adicta ás drogas e ao alcohol- foron levados do barrio pola xustiza. A muller deixou aos seus cinco fillos nunha institución e está custodiada cos dous pequenos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete