Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Príncipe de Asturias de Piragüismo

Fernández Fiuza gaña na casa coa selección estatal

O pontevedrés destacou entre os seleccionados pola federación estatal no piragüismo de fondo. No campionato de clubes venceu o Piragüismo Vilaboa.

Redacción - 12:36 23/06/2008

O domingo, nasgas da Ría de Pontevedra, desenvolveuse o XXXI Trofeo Príncipe de Asturias de piragüismo de fondo, onde os palistas estatais coparon o podio.

O K-4, formado por Jorge Alonso, Santiago Guerrero, Emilio Merchán e o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza cruzou a meta de primeiro, seguido doutra tripulación estatal, a formada por Javier Noval, Miguel Fernández, Emilio Llamedo e Albert Corominas. Os irmáns Carlos e Andrés Luelmo del Teso, Julio Moreno e Rafael Carril completaron o hat trick estatal. Só a tripulación checa loitou por lle roubar o título ao combinado estatal, mais despois pagou os seus esforzos, entrando de cuarta na meta.

Loita entre os clubes
No mesmo escenario e minutos despois comezou a loita entre clubes en K-4, que gañou o Piragüismo Vilaboa, que tamén foi terceiro, por detrás da selección de Castela e León. En C-2 gañou o Breogán do Grove, que entrou na meta de primeiro, seguido do As Torres de catoira e o Náutico O Muíño de Ribadumia.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: