Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lecer para a fin de semana

Ao sur o Festichán, ao norte o Arreocabo e o Festival do Castro

Rock, punk, artesanía ou licor café. Velaí propostas posíbeis en Moaña, Viveiro ou San Sadurniño.

Redacción - 09:45 05/07/2008

Pradairo, Balakandra, O Sonoro Maxín e Kógito son as propostas musicais no Campo da Bola, en Naraío, no Concello de San Sadurniño, onde haberá este sábado actividades diversas durante todo o día.

En Moaña a xolda comezou xa o venres. Pero en Chan D'Arquiña segue o sábado o Festichán, con Gecko Turner, Sorkun & The Vice Presidents, Sherpah e Jit. De xeito paralelo, os organizadores, Os Patajullos e a Asociación Loita Verde, propoñen sendeirismo, malabares e artesanía.

E chimpando outra vez polo país adiante, o colectivo Chilindrín, asociación cultural de Celeiro, no Concello de Viveiro, convoca os romeiros a achegárense a gozar do rock de Arreocabo 2008. Aló estarán desde a noitiña Def Con Dos, Koma, Skacha, Skama la rede, Rain is Art e Anger Second.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: