Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
II CONCURSO DE MAQUETAS

Nsaio no Camiño'08 comeza a busca dos mellores novos grupos

O certame divídese en cinco estilos: Pop, Rock, Folk, Mestizaxe e Novas Tendencias. O gañador poderá gravar un disco.

- 09:00 03/07/2008
Tags:

O obxectivo de Nsaio no Camiño é promocionar os grupos noveis galegos. Para iso nas bases especifícase un límite de idade (unha media de 35 anos para os integrantes das bandas), a obriga de que cando menos o 60% da formación sexa galega e a condición de que os grupos non teñan album ningún publicado. Os participantes, agrupados en cinco estilos: Pop, Rock, Folk, Mestizaxe e Novas Tendencias, terán que superar unha peneira realizada por un xurado especializado, que escollerá tres bandas por categoría.

Haberá cinco semifinais, unha por estilo, que terán como escenario cinco lugares clave dos camiños de Santiago. Os grupos noveis estarán acompañados (apadriñados se se quere) por unha formación consagrada (o pasado ano colaboraron Deluxe, Berrogüetto ou Los Suaves, por exemplo) que pechará as actuacións. O gañador de cada semifinal competirá cun concerto final, do que sairá o vencedor do certame, que obterá a posibilidade de gravar un disco nun estudo de prestixio, así como un contrato discográfico e de management a nivel estatal.

O pasado ano os gañadores foron os boirenses Supersandwich. Ademais, participaron bandas da categoría de Colectivo Oruga, O Son do Galpom, Kogito, Kastoma, Guezos ou Safari Orquestra.

Poden consultar aquí as bases do concurso.


  • 5 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
5/5 (1 votos)