O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, chegou ao aeroporto Vnukovo 2, cos ministros do Poder Popular para Relacións Exteriores, Nicolás Maduro; Enerxía e Petróleo, Rafael Ramírez; Interior e Xustiza, Ramón Rodríguez Chacín; Finanzas, Alí Rodríguez; Industrias Lixeiras e Comercio, William Contreras e Comunicación e Información, Andrés Izarra.
Á súa chegada a Moscova o presidente Chávez foi recibido polo viceministro de Asuntos Exteriores da Federación de Rusia e encargado de Asuntos de América Latina e Setentrional, Kislyak Serguei Ivanovich, así como polo embaixador de Venezuela nese país, Alexis Navarro.
Os puntos centrais da axenda de traballo son os encontros co presidente da Federación de Rusia, Dmitri Medvedev, previsto para o mediodía deste martes na súa residencia oficial, o Castelo de Meiendorf e co primeiro ministro, Vladimir Putin, na Casa de Recepcións do Goberno ruso, en horas da tarde.
Trala súa reunión con Medvedev, o presidente venezuelano, así como os seus ministros participarán nun encontro co Gabinete da Federación Rusa e empresarios para tratar das realacións bilaterais e conseguir investimentos en equipamentos de infraestrutura gasífera para Venezuela.