Este domingo 3 de agosto durante o programa Aló presidente número 316 desde a terceira ponte sobre o río Orinoco o presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez dixo que o conxunto de 26 leis recentemente aprobadas mediante a chamada Habilitante, foron pensadas e feitas para o beneficio do país e que a nova Lei da Forza Armada, que agora é Bolivariana, xa comezou a aplicarse.
O presidente veneuzlano, Hugo Chávez, falou da recente aprobación dun conxunto de leis produto do Poder Habilitante que por ano e medio lle foi concedido pola Asemblea Nacional, e que lle permitiu lexislar sobre distintos aspectos.
Un deles, salientado polopresidente venezuelano, foi a aprobación da nova Lei da Forza Armada que, resaltou, "agora é Bolivariana". Rebateu as críticas da oposición en torno a estas 26 leis nun intento por crear confusión e xerar correntes de opinión adversas á xestión de goberno; caso similar ao xerado tralo anuncio da nacionalización do Banco de Venezuela. "Non perdan o tempo", apuntou.
Salientou que unha vez aprobado este mecanismo legal o que segue é iniciar a súa aplicación. Detallou que desde este momento a Reserva agora pasa a ser Milicia Bolivariana, e o resto das compoñentes serán: Ejército Nacional Bolivariano, a Marina de Guerra Bolivariana, a Aviación Militar Bolivariana e a Guardia Nacional Bolivariana.
Considerou que non só é un troco de concepto, senón de estrutura, e que estes instrumentos son un "conxunto de leis pensadas e feitas para o beneficio do país". Criticou as accións da oposición por crear confusión sobre temas como esta das leis ou sobre a nacionalización do Banco de Venezuela.
Hugo Chávez prometeu converter o Banco de Venezuela nunha entidade moderna
O xefe de Estado reiterou que isto farase logo de que culmine o proceso da súa nacionalización.
O presidente venezuelano precisou que o Banco de Venezuela transformarase nunha experiencia similar ao Banco Caixa do Brasil que en calquera vila ten funcionando unha oficina.
Igualmente o xefe de Estado manifestou que "Por exemplo aquí en Caicara del Orinoco hai só tres axencias bancarias. Unha de Banfoandes, outra do Banco Industrial e do Banco de Guayana. Dúas son públicas. E así hai moitos concellos que non teñen unha axencia bancaria. As experiencias boas hai que copialas, facendo a adaptación ás particularidades nosas", indicou o presidente venezuelano.
"Só por vía do socialismo débese conducir Venezuela"
Por outra banda o presidente Chávez manifestou con moita humildade que "Caracas é o berce da independencia, non só Latinoamericana, suramericana e iso é unha verdade de séculos". reiterou.
O presidente Chávez aproveitou para dicir que é vital para a revolución apoiar ao actual gobernador do estado Bolívar, Francisco Rángel Gómez para que continuei o seu mandato no estado.
Así mesmo brindou o seu total apoio ao candidato á gobernación do estado Guárico, William Lara e "axiña esteremos en Guárico para apontoar a revolución e profundizarla, o desenvolvemento endóxeno, a integración entre Guárico e Bolívar" reiterou.
Reiterou que a construción da III ponte sobre o Orinoco é o eixo integrador dun grande proxecto, o corazón de Venezuela, proxecto industrial, agrícola, social, político, económico, é dicer, un grande polo de desenvolvemento.
"A construción da ponte é Roja Rojita e por alí hai algúns soñando con voltar, pero non volverán" declarou o presidente.
Manifestou que nada disto sería posíbel con gobernos subordinados pola oligarquía crioula, que é o mesmo dicir subordinados polo imperio estadounidense, porque este si é o proxecto de desenvolvemento nacional.
O presidente venezuelano reiterou que ao imperio estadounidense non lle convén que os suramericanos desenvolvan as súas sociedades "eles quixesen manternos no nivel de atraso, de dependencia".