Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
LUIGI MARCOTTA CONDECOROU A GIAN CARLO DI MARTINO

"En Venezuela si hai excelentes oportunidades para investir" asegura embaixador italiano

O embaixador de Italia en Venezuela, Luigi Marcotta, sostén que "en Venezuela si hai excelentes oportunidades para investir por ser un país rico, amigo e próximo ao corazón de Italia".

Xurxo Martínez Crespo - 11:21 07/08/2008

O diplomático emitiu as súas declaracións desde a cidade de Maracaibo, estado Zulia, durante un acto no que se condecorou coa orde "Estrela da solidariedade Italiana", ao alcalde de Maracaibo e candidato á gobernación (equivalente ás CC.AA. do Estado español) polo Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV), Gian Carlo Di Martino, polo seu destacado labor cidadán.

O embaixador de Italia destacou as potencialidades de desenvolvemento tanto do país como do estado Zulia (ao Oeste do país) e agregou que non existe ningunha razón pola cal os italianos non poidan investir en Venezuela.

O diplomático Luigi Marcotta afirmou que o goberno de Italia mantén un acordo de cooperación e asesoría en materia de seguridade e industria coa Concello de Maracaibo, capital do estado Zulia.

Marcotta afirmou que malia a distancia, a creación da comisión mixta dará un pulo máis forte ás relacións bilaterais no marco económico. Resaltou que as relacións entre países non son só e exclusivamente económicas, senón que involucran a persoas, pobos, emocións e culturas. "Ista é unha dimensión importante que debe valorarse".

Pola súa banda, o alcalde de Maracaibo sinalou que desde o seu despacho fará todo o posíbel para afianzar o acordo coa República de Italia.  O alcalde marabino observou que a consecuencia deste achegamento ambos países poderán consolidar grandes obras na rexión do Zulia, como o son a vía alterna á ponte sobre o Lago de Maracaibo, e encoros e represas que están expostas no estado?.

No plano da seguridade, no que a Alcaldía de Maracaibo está executando plans para enfrontar a delincuencia, Di Martino anunciou que nas próximas horas participará na coordinación dunha xuntanza co ministro do Poder Popular para Interior e Xustiza, Ramón Rodríguez Chacín, posto que o Goberno italiano, através do seu embaixador en Venezuela, puxo a disposición unha equipa especial para axudar á policía venezuelana  mellorar a tecnoloxía nos aspectos que o requiran, como é o caso da loita contra o secuestro e os delitos bancarios.

 Ao acto de condecoración, celebrado no Museo de Arte Contemporáneo del Zulia (Maczul) asistiron representantes da comunidade italiana residente no Zulia e invitados especiais.



















Venezuela conta cunha numerosísima comunidad italiana, máis de 150.000 entre nados en Italia e os seus decendentes. A participación na vida pública venezuelana dos italianos é notábel.


3,67/5 (3 votos)





Locais:
GZ-Sete