Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
A ORÍxE PODE ESTAR NA MORDEDURA DE MORCEGOS

Unha estraña doenza mata dúcias de indixenas Warao en Venezuela

Unha doenza descoñecida matou polo menos a 38 membros da etnia warao (homes da auga na súa lingua) en vilas remotas de Venezuela do Delta Amacuro, segundo líderes indíxenas e algúns investigadores estadounidenses da Universidade de California Berkeley.

Xurxo Martínez Crespo - 09:54 13/08/2008

Os líderes indíxenas e investigadores da Universidade de California en Berkeley declararon, despois dun estudo de cinco días na área, que sospeitan que se trata dunha variedade de rabia propagada por mordeduras de morcegos.

Estamos falando dunha doenza moi letal”, dixo á Associated Press Charles Briggs, antropólogo de UC Berkeley. “Atopamos casos nos que a única persoa que morreu na casa foi a que fora mordida por un morcego.”

Os síntomas inclúen febre, dores de corpo, picor nos pés seguida de parálise parcial e un medo extremo ao auga, dixo Briggs.

Polo menos 16 vítimas morreron con eses síntomas desde principios de xuño, segundo un informe que os investigadores e líderes indíxenas deron aos funcionarios de saúde.

Briggs traballou por dúas décadas no estado Delta Amacuro, no noroeste venezuelano, e tamén escribiu sobre o gromo de cólera de 1990 coa súa muller, a doutora Clara Mantini-Briggs, unha experta en saúde pública e investigadora médica en Berkeley. Ambos foron invitados polos warao para participar nun estudo inicial.

No 1990 Mantini-Briggs encabezou unha unidade de control de cólera na mesma zona, agora dixo estar abraiada ao ver que moitos warao teñen gatos, que segundo eles (warao) eran para contrarrestar a presenza de morcegos “que estaban mordendo aos nenos”.

Un poboado chamado Mukuboina perdeu a nove dos súas 84 habitantes nun mes, moitos deles nenos, dixo a doutora estadounidense Clara Mantini-Briggs. Porén, os waraos rexistraron vítimas de todas as idades desde xuño de 2007.

Funcionarios do ministerio de saúde venezuelano reuníronse cos líderes warao o martes, pero ningún destes funcionarios puido ser entrevistado para conseguir información ao respecto. O director da oficina de epidemioloxía do goberno, Luis Montiel, remitiu as perguntas ao voceiro oficial, quen dixo que polo momento non hai unha declaración oficial.


Ligazóns

3,4/5 (5 votos)





Locais:
GZ-Sete