Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Novas denuncias de "parcheo"

Máis paus no lombo dos investigadores "en precario"

O goberno español publica con máis de medio ano de atraso as axudas a investigadores posdoutorais e bota fóra da convocatoria os que buscaron choio pola súa conta nese período.

Redacción - 09:30 19/08/2008
Mobilización da FJI/Precarios en marzo de 2008

Mobilización da FJI/Precarios en marzo de 2008

"Inadmisíbel" é o cualificativo da Federación de Xoves Investigadores (FJI/precarios) ao respecto da decisión do Ministerio de Ciencia e Innovación de penalizar todo salario e bolsa, estatal ou de fóra, que pagase o traballo dos investigadores posdoutorais no período comprendido entre a finalización das súas teses e o pasado 8 de agosto.

O goberno español deixa así fóra da convocatoria de axudas a persoal investigador para a realización de estancias no estranxeiro aos que, fronte a tardanza do ministerio en tramitar o proceso, pagaron pola súa conta os custos. "Negociaron os seus contratos e custearon todos os gastos da viaxe e instalación nun país estranxeiro, só para veren como agora van premiar a súa iniciativa e esforzo excluíndoos desta convocatoria", denuncian desde o colectivo.

Un episodio que se une a outros "parcheos" que segundo a federación inclúen xa prazos imposíbeis de cumprir, erros en aplicacións informáticas ou atrasos inxustificábeis en resolucións. "Un novo despropósito do flamante ministerio responsábel da investigación, que volve entorpecer o traballo e futuro dos xoves investigadores, en contra do disposto nas recomendacións europeas", láianse.


  • 3,4 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: