Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
do 23 ao 30 de agosto

Coruña ábrelle unha fiestra ás súas bandas locais

Unha semana de concertos para apoiar ás bandas locais na primeira edición do Festival Interurbano de música Crunia.

Redacción - 14:00 20/08/2008

Este sábado 23 de agosto ha comezar o primeiro Festival Interurbano de música Crunia. Esta iniciativa do Concello d’A Coruña pretende dar a coñecer a unha vintena de bandas locais que queren mostrar a súa valía ao vivo. Coñecidos grupos da escena local coruñesa como Revolujoin ou Pülsar han alternar con outras formacións consagradas de Galiza –como os composteláns Ruxe ruxe ou Meu- e máis con bandas de recoñecido prestixio no conxunto do Estado, como Porretas ou mesmo Los Coronas.

O festival durará unha semana completa, dende o sábado 23 até o sábado 30 para acoller máis de vintecinco actuacións
na explanada do estadio de Riazor.

A asistencia aos concertos, que comezarán cada noite ás 21h., é de balde, de xeito que “todos os coruñeses amantes da música podan apoiar o traballo das bandas da súa cidade”, segundo adiantan dende a organización.

Podes consultar a programación completa no myspace do festival.


4,5/5 (2 votos)


Comentarios (2)

Carbalho #1 20/Agosto/2008 Carbalho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deberiamos usar a toponimia correctamente. No titular falta o artigo da Coruña...

cachoupin #2 21/Agosto/2008 cachoupin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nos topónimos con artigo é de obriga facer a contracción coas preposicións: Concello da Coruña. O apóstrofo que admite a normativa do 2003 é só para manter sen alterar nomes de obras literarias: "nun verso d'Os Eoas"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete