Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Mentres que a media estatal é seis veces superior

Pouco máis do 1% do noso territorio goza de protección especial

Na outra cara da moeda, con case un 18%, está Asturias.

Redacción - 10:35 24/08/2008
Canteira no Courel

Canteira no Courel

Dentro do noso país goza de protección especial o 1,14% do territorio, segundo os datos da Guía de Parques Naturais e Nacionais elaborada por Consumer Eroski. O estudo revela que Galiza é canda Madrid a comunidade do Estado que menos porcentaxe de terreo protexido ten. Proba da escasa protección existente é que a media española é dun 6,39%.

Asturias encabeza a lista das comunidades que contan con máis espazos protexidos (17,78%). A continuación atópase Andalucía (17,16), Canarias (14,9) e Euskadi (10,94). No outro extremo están as comunidades de Estremadura (1,38) e Madrid (0,01%). En todo o Estado Español existen 134 parques nacionais que suman máis de tres millóns de hectáreas (3.151.506).


5/5 (5 votos)


Comentarios (3)

xoca #1 24/Agosto/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tendo por Conselleiro de medio-ambiente a Manuel Vázquez Fernández (ex-alcalde de O Carballiño), non se pode esperar outra cousa.

Erasmo #2 25/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Pachi Vázquez é responsable da Desfeita !

Se non espabilamos veredes un Hotel de Catro Estelas nas Cíes...!

Imos O Courel o 6 e 7 de Setembro para afogalos en Fotografías!

http://galizanonsevende.org/?p...

Salvemos O Courel !

ernesto #3 8/Setembro/2008 ernesto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

SI EN VERDADE XA SE VE O QUE PASA COS RIOS GALEGOS
FAI DOUS ANOS O UMIA CONTAMINADO POLA EMPRESA BRETANG
FAI UN ANO O RIO MIO CONTAMINADO POLO GASOLEO DE ADIF
E AGORA ESTO NO LAGARES...
PATXI CONSELLEIRO DA DESTRUCCION AMBIENTAL

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete