Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CICLISMO

Óscar González e Míriam Cedrón gañan o Galego de Contrarreloxo

Os dous venceron en categoría cadete. Loureda en júnior e Mª José Gómez en elite completaron o podio feminino.

Redacción - 11:44 29/09/2008

Óscar González na categoría cadete masculina e Rocío Loureda, María José Gómez e Míriam Cedrón, nas categorías júnior, elite e cadete femininas respectivamente; son os novos campións galegos de Contrarreloxo Individual Cadetes e Féminas, unha competición organizado pola Federación Galega de Ciclismo esta fin de semana no Polígono Industrial do Tambre, en Compostela.

Os e as participantes nas catro categorías tiveron que dar dúas voltas a un circuíto de 2,6 quilómetros, totalizando unha distancia de 5,2 quilómetros. No Campionato participaron os 19 equipos galegos con representantes nas tres categorías femininas e na de cadetes masculina: CC Aquagest; CC Barbanza-Redesyl Natisan; CC Cambre-Frisonoble; CC Cangas-Adolfo Soliño; CC Carballo-Placasa; CC Cidade de Lugo-Cidade de Lugo; CC Compostelano-Muebles Compostela; CC O Rosal-Hermanos Ozores; CC Estradense-Hierros Diego; CC Klimanor Galicia; CC Luís Ocaña-Cymasa; CC Marín-Muebles Rosales; CC Padronés-Aluminios Cortizo; CC Ponteareas-Expert Agua de Mondariz; CC Spol-Caixanova; CC Teis-Autoescuela Alonso; CC Teo; CC Vigués-Chint Autronic; e CC Viveiro. Así como o equipo asturiano Promociones Bobia.

O Campión e as campioas
Na categoría cadete masculina cumpríronse as previsións ao proclamarse campión o corredor do CC Estradense-Hierros Diego, Óscar González, cun tempo de 7'41''. Cómpre lembrar que González é o actual Subcampión Estatal da especialidade, título obtido hai quince días en Toledo. Segundo foi o ciclista do CC Padronés-Aluminios Cortizo, Antonio Sampayo (7'51'') e terceiro foi Pablo González (7'54'') do CC Ponteareas-Expert.

Por outro lado, tampouco erraron os prognósticos que sinalaban a Rocío Loureda, do Klimanor Galicia, como campioa na categoría Júnior das mozas. Loureda viña de gañar a medalla de Bronce no Campionato Estatal de Fondo en Estrada, que tamén se desenvolveu en Compostela o pasado mes de xullo. No podio acompañaron a Loureda, Beatríz Mendoza, do CC Cidade de Lugo,e María Puga do CC Spol-Caixanova.

A campioa na Categoría Elite foi a corredora galega María José Gómez do equipo asturiano Promociones Bobia, quen tamén venceu con autoridade. Segunda foi a ciclista do CC Aquagest, Isabel Castro e terceira foi Adriana García, do CC Ponteareas-Expert. En canto á categoría cadete, a campioa foi a corredora CC Cidade de Lugo, Míriam Cedrón.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: