Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
4ª vez en 4 semanas

ADEGA denunciará ante o fiscal os vertidos do río Alvedosa

O Domingo 12 de Outubro un novo verquido encheu de escuma o río Alvedosa no Concello de Pazos de Borbén.

ADEGA - 20:52 14/10/2008

O vertido procede novamente do Polígono Industrial de Amoedo pertencente á mesma parroquia. Este vertido é o 4º que se produce nun periodo de 4 semanas no mesmo río e procedente do mesmo polígono. Estes vertidos recurrentes poñen o foco nun polígono industrial construido no ano 2000 que dispón dunha depuradora propia pero que parece que está posta de adorno.

O Seprona e a Policia Autonómica interviron nos anteriores vertidos e xa teñen localizados aos autores dos mesmos co que se iniciará un procedemento sancionador.

Desta volta, o 12 de Outubro, a novidade é que o vertido se produce pola noite dos fines de semana e non ao mediodía dos venres como era habitual en semanas anteriores.

ADEGA e os veciños de Amoedo reclamarán ás administracións como a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Amoedo que tomen   as medidas necesarias para evitar que esta situación se repita.

Ante isto ADEGA e os veciños de Amoedo solicitarán unha entrevista co Delegado da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra para entregar a información da que dispoñen e na que se poñen de manifesto diversas irregularidades no funcionamento e construcción deste polígono industrial. Ademais tamén estudará presentar unha denuncia ante a Fiscalía.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: