Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRAXEDIA

Morre o secretario de Gobernación de México, o galego Juan Camilo Mouriño

O fillo do presidente do Celta finou nun accidente de aviación. Canda el viaxaban outras sete persoas.    

Redacción - 04:20 05/11/2008
Tags:

O ministro mexicano de Gobernación, o galego Juan Camilo Mouriño, finou este mércores. Fontes oficiais confirmaron que un avión no que viaxaba, canda outros sete tripulantes, se estrelou cando viaxaba dende San Luis de Potosí até Ciudad de México.
  
Mouriño de 37 anos de idade é fillo do presidente do Celta de Vigo, Carlos Mouriño. A familia, de procedencia ourensá, emigrou a México, estado de Campeche. Naquel país fixeron unha gran fortuna en negocios petroleiros e inmobiliarios.


Juan Camilo Mouriño, número dous do goberno mexicano, postulábase como posible candidato do Partido de Acción Nacional.     


  


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: