Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Canal propio no Youtube

Do Ministerio de Andares Estúpidos ao Sentido da Vida: Monty Phyton en rede

Escolma de xenialidades humorísticas do famoso grupo de cómicos británicos, que abre espazo propio na coñecida web de vídeos.

Redacción - 09:00 21/11/2008

"Sabemos quen son, e sabemos onde viven, e poderíamos perseguilos de formas demasiado horribles como para contalas", ironizan sen perder o humor os membros do grupo cómico Monty Python sobre os seareiros da súa obra que durante anos estiveron colgando na rede pezas diversas do seu traballo.

"Pero como somos uns paisanos extraordinariamente bos, atopamos un xeito mellor de mirar polo noso, e por iso lanzamos o noso propio canal Monty Phyton no Youtube", engaden sen perder o humor. Así presenta o prestixioso grupo de comediantes o espazo na rede onde prometen fornecer aos internautas de vídeos en alta calidade con algunhas das súas máis aplaudidas actuacións.


4,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: