Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
II CONFERENCIA DE PAÍSES DEPORTIVOS

Por que non han aproveitar en Finlandia o que se fixo no Quebec?

A estreita relación existente entre a práctica deportiva e a saúde é a protagonista destas xornadas que se están a celebrar en Barcelona.

Redacción - 18:22 24/11/2008
Os deportes de aventura teñen cada vez máis afeccionados / Flickr: Mi mundo digital

Os deportes de aventura teñen cada vez máis afeccionados / Flickr: Mi mundo digital

Barcelona acolle entre os días 24 e 27 de Novembro a segunda conferencia de países deportivos. A sede destas xornadas é o edificio do INEF de Catalunya, situado no anel olímpico de Monjuitc. Durante estes catro días realizaranse presentacións, charlas e mesas redondas nas que os temas centrais serán a análise das potencialidades que ofrece o deporte a prol da saúde e tamén as medidas que están a implantar os diferentes gobernos na procura de melloras aplicadas á saúde.

Até Barcelona chegan representantes de Escocia, Alemaña, Flandres, Suecia, Euskadi, Quebec, Finlandia, Malí, Paraguai ou Illas Feroe. A variedade das delegacións débese a que nesta conferencia preséntase o deporte como unha actividade física organizada cuxa maior eficiencia pode ser acadada mediante a proximidade. Así, terán unha grande importancia as achegas das experiencias aplicadas polas administracións coas que traballan as diferentes delegacións.

A segunda conferencia de países deportivos busca tamén fomentar a práctica deportiva de todos os ámbitos sociais, económicos e xeográficos.


  • 4,8 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: