Logo de dous anos de violencia na rexión, e diante da indiferenza internacional.
No medio da violencia armada, a poboación civil sofre na República Centroafricana do acoso dos grupos armados nun contorno de graves violacións dos dereitos humanos. A situación, malia ser denunciada reiteradamente por algúns colectivos, está tendo escaso eco no contexto internacional.
Un informe das Nacións Unidas recoñece a preocupación polo que acontece no país e diversas asociacións denuncian que cada día morren ducias de cativos debido á malnutrición e que centos de mulleres son vítima de violacións.
Recentemente, o Consello de Seguridade da ONU decidiu acelerar os preparativos para o despregue dunha pequena misión fronte ao problema humanitario. Representantes da institución viaxaron xa á zona para preparar a actuación, malia que aínda deberá pasar a peneira dunha resolución que, liderada por Francia, debera chegar en breve ás Nacións Unidas. A crise abrangue ao veciño Chad e agrávase pola chegada de milleiros de persoas que foxen á súa vez do conflito de Darfur e que enchen os campos de refuxiados ao noroeste da República Centroafricana.
Visualizar o mapa ampliado
É unha magoa que os medios de comunicación, think thanks, e demais caralladas so fixen súa atención no problema de Darfur (por motivos electorais entre a comunidade negra de USA, xeopolíticos por ser o Sudán un aliado da RP Chinesa ou ecónomicos ó ser un territorio no que se está a descubrir petroleo....), deixando nun segundo plano os problemas que se están a vivir en estados veciños, moitas veces agravados pola inestabilidade exportada de Darfur en forma de refuxiados en cantidades que desbordan a moi limitada capacidade de acollida destes países (Chad e República Centroafricana).
No caso da República Centroafricana, leva tendo problemas pra establecer un goberno sólido con capacidade de actuar sobre todo o territorio, prácticamente desde a súa creación, e ben se ve agora como a crise humanitaria no país veciño está a empeorar ainda máis o desenvolvemento deste estado fallido, con intentos de golpe de estado e guerrillas, mutuas acusacións de financiamento ás forzas rebeldes, intervencións da ex-potencia colonial... Espero que a forza da UE e da ONU se desplegue canto antes, que o seu traballo sirva pra algo e que non sexa outra intervención colonial enmascarada de humanitarismo...