Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Soldados da Brilat
19:30 27/08/2008 / Loita contra o lume

"Látego da indiferenza" do Exército español contra a "poboación hostil" de Galiza

Un documento da Brilat ordénalles aos soldados evitar enfrontamentos e non apagar ningún lume agás cando periguen vidas.


19:15 27/08/2008 / REACCIÓNS

A AELG achaca as declaracións de Steiner ao seu "descoñecemento temerario" da nosa cultura

O colectivo de escritores coida necesario impulsar as estruturas internacionais de promoción da lingua e da cultura galegas.


18:15 27/08/2008 / 'TRANSFORMANDO GALIZA'

O BNG repasa nunha mostra as principais medidas tomadas dende as áreas que goberna

Na presentación desta exposición itinerante en Muros, Ana Pontón animou aos participantes a incrementar o seu apoio para que os cambios se consoliden.


18:15 27/08/2008 / Posíbel convocatoria anticipada

Feijoo considera que un adianto electoral prexudicará a Galiza na negociación do financiamento autonómico

Está convencido de que o presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, está a recibir instrucións dende Madrid para que se produza.


18:05 27/08/2008 / POLA SÚA ENTREGA A GALIZA

Avelino Pousa Antelo gaña o VII Premio Ramón Piñeiro 'Facer país'

Recoñéceselle o seu compromiso como galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural.


17:20 27/08/2008 / ORDENANZA DE CIVISMO

O PP de Donostia pide que se prohiba pasear espido

O edil José Luis Arrúe considera que o nudismo ofende "as pautas de convivencia xeralmente aceptadas".



14:15 27/08/2008 / CARLOS CALLÓN, PRESIDENTE DA MESA

"A política lingüística deste Goberno foi continuísta se non de retroceso"

A Mesa pola Normalización define a actitude do PP cara ao galego como de racismo lingüístico.


13:55 27/08/2008 / Votación en liña

Oito falangulleiros do país optan ao European Podcast-Award

Máis de medio milleiro de podcasteiros de toda Europa compiten polo recoñecemento dos internautas.


13:15 27/08/2008 / EVOLUCIÓN

O neandertal era tan listo como o homo sapiens

En contra do que se pensaba, o home de neandertal non tiña unha intelixencia inferior ao sapiens.


13:05 27/08/2008 / Internacionalización da nosa literatura

O libro galego ábrese camiño nas librarías brasileiras

Éxito da visita do país á bienal de São Paulo, onde o sector editorial galego sachou espazos no mercado literario do Brasil.


12:50 27/08/2008 / "INFOLIVE”

Samsung únese a Yahoo no seu proxecto de levar Internet á televisión

A compañía fabricante coreana considera que este é o mellor momento para prestar o servizo, unha vez superados os problemas e barreiras que existían.


Partido do Lobelle
12:00 27/08/2008 / Bos resultados no comezo do fútbol sala

Vitoria do Ázkar e empate do Lobelle fóra da casa

Este martes comezou a tempada do fútbol sala, con dous equipos galegos entre os 15 participantes na denominada "División de Honor"


11:45 27/08/2008 / Pegada galega no país helvético

A mestizaxe galaico-haitiana aspira a canon de beleza en Suíza

Despois da cormelá que chegou á presidencia do parlamento, chega outra faragulla da integración de Galiza no país coa presenza da filla dun cercedense e unha haitiana no certame Miss Suíza.


Fatmir Sejdiu
11:30 27/08/2008 / Conflito no Cáucaso

O presidente de Cosova di que o seu caso non xustifica o de Osetia do Sur e Abkhazia

Medvedev advirte que Rusia dará resposta ao despregamento de mísiles da OTAN perto das súas fronteiras.


11:09 27/08/2008 / COLABORADOR DE VIEIROS

Manuel Suárez gaña o Manuel Reimóndez Portela de xornalismo

O xurado concedeulle o premio ao autor vimiancés por unha serie de artigos sobre a emigración.


09:40 27/08/2008 / PROXECTO ARTÍSTICO

De que partes do corpo fala a música?

Fernande Viégas e Martin Wattenberg presentan na rede unha análise visual por xéneros das palabras máis empregadas nas cancións en relación coa anatomía humana.


09:30 27/08/2008 / Infractores sen confirmar

Probábeis sancións de até 60 mil euros polos vertidos ao río Con

O Concello de Vilagarcía pide "a maior dureza posíbel" e a Consellaría de Medio Ambiente avisa de que a contaminación do río implicará elevadas sancións.


09:30 27/08/2008 / Á porta da aprobación do plan para o sector

O PP volve pedir barra libre para o sector acuícola

O PSdeG defende que é un documento amplamente consensuado. Galiza Non se Vende organiza unha concentración este xoves contra o documento.


09:30 27/08/2008 / Revolución tecnolóxica

Un robo-esqueleto abre novas esperanzas para a mobilidade dos parapléxicos

Unha estrutura de plástico e metal semirríxidos, moi lixeiros e con motor eléctrico que, agora en probas, permítelle camiñar a persoas que levan anos en cadeira de rodas.