Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Participa ti

O novo Vieiros: Entra na comunidade

Moitas das suxestións que deixastes pedían un formato máis participativo. Explicámosche como podes unirte a Vieiros.

Redacción - 07:00 08/03/2007
Tags: Vieiros
Once anos contando as cousas desde aquí

Once anos contando as cousas desde aquí

O primeiro é unirte á comunidade de Vieiros. Para iso simplemente tes que entrar na zona de rexistro, escoller o nome do teu Vieiros, un contrasinal de acceso e deixar un correo electrónico de contacto desde onde deberás confirmar despois a subscrición. En canto esteas rexistrado poderás participar en todas as áreas de Vieiros, tanto nas xa operativas como nas que se irán introducindo en pouco tempo.

O teu espazo de rexistro será progresivamente personalizábel. Aló poderás incluír o teu propio avatar e por exemplo facerlle saber ao resto de usuarios cal é a túa web ou blog, no caso de que teñas.

É esta a versión definitiva de Vieiros?
Non. Aínda estamos en "beta". Mentres navegues verás algúns erros e cousas sen rematar. Con todo, pensamos que esta era unha boa data para aproveitar o traballo xa feito e presentarvos unha versión aquelada do que quere ser o novo Vieiros.

No camiño que aínda queda, contamos coas vosas críticas e propostas. Podedes deixalas no foro.

As noticias
Todas as noticias de Vieiros inclúen a posibilidade de seren comentadas. Tamén poderás enviarlla a quen queiras polo correo electrónico ou subila a algún dos puntos de encontro na rede que che recomendamos, como é o caso de Chuza.

O chat
Abrimos un novo sistema de conversa moi sinxelo para toda a comunidade de Vieiros. Un lugar para conversas, lerias, parolas e parrafeos. Un espazo de uso libre para o debate, a reflexión ou o intercambio de información, onde coñecer a comunidade vieiresca, comentar a actualidade diaria, buscar cibermozo/moza ou enredar no tempo de lecer.

Ademais, mentres esteas no chat poderás seguir a actividade de Vieiros: últimas noticias, comentarios ou actividade nos canais

Foros
O novo sistema de foros de Vieiros abre debates que poderán ser tanto xerais como restrinxidos a ámbitos da actualidade moi concretos. Periodicamente Vieiros abrirá novos fíos para o debate da comunidade. Pero ti tamén podes propoñer a apertura de debates. Escríbenos a redaccion@vieiros.com e cóntanos das túas propostas.

Open Vieiros
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros podes facernos saber de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información. Ademais podes seguir aquí as novidades do blogomillo. Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades.

Onde van as edicións locais de Vieiros?
Nos últimos tempos, as edicións locais das principais cidades xa pasaran a estar xestionadas directamente por Vieiros. De agora en diante, todas elas formarán parte dunha soa canle: GZ-Sete. Aquí inclúense noticias non só do ámbito das sete principais galegas e da súas respectivas áreas metropolitanas.

Por que só algunhas comarcas teñen edición local de Vieiros?
"Cando ides ter un Vieiros Carballiño?" "Por que desapareceu o Vieiros Deza?" Son algunhas inquedanzas que chegaron ao correo en ocasións. Neste momento Vieiros non ten a posibilidade de manter edicións comarcais polo que seguen a funcionar simplemente as que contan con colaboradores.

Como podo colaborar con algunha edición local?
Só tes que facernos saber do teu interese por escribir sobre a actualidade da túa comarca. Déixanos un teléfono e un correo electrónico de contacto e poñerémonos en contacto contigo. Tanto se queres colaborar cunha xa existente como se estás interesado en crear unha nova.

O blogomillo entra de cheo en Vieiros
Nesta nova andaina unha das novidades máis visíbeis é o destaque do blogomillo. As bitácoras galegas terán maior presencia e máis destacada en Vieiros e mesmo as noticias do día recollerán os artigos relacionados coa análise dos blogueiros.

O blog de Vieiros
Para achegarmos aos lectores o centro desde onde se coce Vieiros, abrimos espazo no blogomillo. Será o "Blog da redacción". En pouco tempo, opinadores, redactores e colaboradores poderán ter tamén un blog de seu.

O teu blog
Os posts relacionados cunha nova irán á beira desta no espazo "Na rede". Ademais, as novidades do blogomillo poderán seguirse no "Open Vieiros".

Que blogs se inclúen nas noticias?
Vieiros recolle desde agora artigos de blogueiros que estean directamente relacionados coa actualidade informativa que se trate en cada noticia. Inicialmente e a axeito de proba, a redacción de Vieiros incluíu dúas ducias de bitácoras que son revisadas diariamente.

Sabemos do teu blog?
Remexemos diariamente no blogomillo, para coñecer o que están debatendo os bitacoreiros. A escolma inicial de blogs serviu para ir probando o sistema, pero p
osteriormente iranse engadindo outras. Tes xa unha bitácora? Queremos saber da túa pegada no blogomillo. Toda noticia de Vieiros poderá ser relacionada a calquera artigo dun blog. Se che gusta reflexionar sobre a actualidade e queres que a túa fiestra na rede sexa visíbel desde Vieiros, fainos saber do teu blog. Podes enviarnos un correo a redaccion@vieiros.com.


4,44/5 (25 votos)


Comentarios (28)

JohnLocke #1 8/Marzo/2007 JohnLocke

eu gosto muito do novo vieiros, mais que tudo o de "quinta feira"

umcalquera #2 8/Marzo/2007 umcalquera

Gústame moito o novo vieiros, o que menos de todo o de "quinta feira"

sampedo #3 8/Marzo/2007 sampedo

Noraboa os tipos e tipa de vieiros. Sobre todo pola virguería tradutora das páxinas da bbc. O redeseño é claro. Tamén non foi sen tempo, un parto de tres semanas!

penelope #4 8/Marzo/2007 penelope

noraboa tamen por facer este vieiros tan bonito

amigodevigo #5 8/Marzo/2007 amigodevigo

Pois xa me apuntei

Fer #6 8/Marzo/2007 Fer

Que bom!
Está mui bem, muito mais agradável e "branquinho". :D

casdeiro #7 8/Marzo/2007 casdeiro

Xa volo comentei cando aínda non estaba publicado o novo formato: resulta abondo anti-ergonómica a maquetación para os que temos que empregar aínda resolucións de 800x600 :-( O scroll horizontal, o tamaño da letra, os menús á dereita, etc. fan moi incómodo de usar. Seica non se pode facer unha maquetación xeitosa para "todos os públicos" :-(

Polo demais seguirei ollando as novidades, que semella haber algunhas cousas interesentes, aínda que me sinto bastante perdido pola reorganización.

Por certo, as ligazóns sen subliñar tamén son antiergonómicas.

casdeiro #8 8/Marzo/2007 casdeiro

Tamén fixen unha autoprocura _da vaidade_ ;-P procurando o meu nome no buscador e non aparecen os meus artigos de opinión e outras referencias que coido debía haber. U-los? :-(

fvlano_am #9 8/Marzo/2007 fvlano_am

Ainda non estou acostumado a novo formato, pero ainda asi non esta mal, xa irei probando e aver que tal vai en futuras navegacions

Saudos

Quicol #10 8/Marzo/2007 Quicol

Sempre estades na vangarda, menos mal que seguides aí. Aínda non fun capaz de asimilar todas as vosas novidades pero gústame o plan. Mágoa de no poder atoparvos nos quiosques, e teñamos que esperar a imprimir Vieiros “en follas de plástico” dentro de 10 anos. Saúde e seguide sendo como sodes.

Anxo #11 8/Marzo/2007 Anxo

Quizais sexa unha cousa sen importancia pero hai unha cousa que falta, e son as estreliñas de cores sobre o logo. Non sei extrañoas, gostábame máis o logo con elas, creo que deberiades recuperalas.

RiQee #12 8/Marzo/2007 RiQee

gústame!
A combinacion de cores resulta agradable.Moi acertada(++)
O redeseño da portada atráeme, pro aínda hai q acostumarse.Acertado(+)
O feito de q haxa q rexistrarse para comentar.Mmmm... non sei, terá as suas boas cousas...Non sei...(+ ou -)
Dacordo coas anteriores mensaxes, O logo e un pouco sosiño...(como o G da galega...)Prefería un "restyling" máis "light" nese aspecto(-)

maleiro #13 8/Marzo/2007 maleiro

Noraboa!
Unha cousa, cómo modifico o avatar, foto etc??

maleiro #14 8/Marzo/2007 maleiro

Xa o atopei...

Celso #15 8/Marzo/2007 Celso

Olá,

Tive que registar-me para poder opinar sobre se deveria um registar-se para poder opinar!

Quisera manifestar a minha opinião sobre esta versão beta: positiva sobre alguns aspectos de formato, mas, sobretudo, negativa sobre as dificuldades de participação aberta. Ter que registar-se para deixar comentários em "Opinión", por exemplo, converte Vieiros em mais um lugar convencional, o de uma "comunidade" fechada com um "público fiel" leitor de um jornal. Isto vai botar muita gente para trás. Perde-se imediatez, dinamismo e variedade.

Além, na secção de opiniões anteriores, não encontro todos os artigos. Onde está o artigo de Concha Rousia, "Aprenda inglês em 15 Minutos", por exemplo, e todos os outros dela? Por que alguns textos de opinião permitem comentários e outros não? Onde estão os comentários anteriores dos leitores e leitoras? E todos os artigos anteriores de todos os autores e autoras, tivessem "secção fixa" com título ou não?

Espero que Vieiros arranje tudo isto e volte a disponibilizar todos os textos de todos os colaboradores e colaboradoras, com todos os comentários de todos leitores e todos os debates. VIEIROS É UM LONGO DOCUMENTO DE UMA PARTE IMPORTANTE DO DEBATE PÚLBICO DESTE PAÍS, e deveria continuar a sê-lo. Vieiros não pode fazer desaparecer tudo isto, como já fez desaparecer os antigos foros anónimos. Para ler uma opinião (de política, cultura, língua, sociedade) e ficar forçada e passivamente de boca fechada já existem os jornais convencionais.

Na sua forma actual, Vieiros não convida à participação. Nem ao envio de colaborações.

Saúde,

Celso Alvarez Cáccamo

Gaias #16 8/Marzo/2007 Gaias

Noraboa a Vieiros.

Pardo #17 9/Marzo/2007 Pardo

Xa estou na comunidade. Noraboa, e xa falamos!

teresa #18 9/Marzo/2007 teresa

Noraboa dende Ferrol, para todos os que facedes posible Vieiros!!

blasgarcia #19 12/Marzo/2007 blasgarcia

Querá felicitarvos pola nova web de Vieiros. Noraboa a todo o equipo e que teñades, alomenos, a mesma sorte que tivestedes ata o de agora.

Saúdos desde Boiro

cissjgv #20 13/Marzo/2007 cissjgv

Atopo a nova versión de Vieiros agradable á vista e de fácil seguimento; magoa que a xente se teña que rexistrarse para poder opinar. O que xa non atopei é a sección de Cartas ao Director. Agardo que pronto sexa incluída e, mesmo, aberta a recibir comentarios e opinións. Iso seria unha notable mellora sobre a versión anterior na que teño lido algunhas cartas que ben merecían ser comentadas.

Saúdos,

X. G. Vázquez

luisfoz #21 27/Marzo/2007 luisfoz

Os meus parabéns pola nova versom de Vieiros. Em contra do que opina algum acho um grande adianto a utilizaçom dos nomes tradicionais galegos para os dias da semana (até creio que deviam figurar em primeiro lugar), que som aceites pola actual normativa. Os próprios estudos do ILG tenhem demonstrado que estas formas som muito mais populares do que as pagás que apenas tenhem a vantagem de serem imediatementes "traduzíveis" para o espanhol. Todas as gramáticas e dicionários do século XIX dam o sistema cristao (mais ou menos completo) como único. Até quando umha língua colonial?

Barcelos #22 30/Marzo/2007 Barcelos

Agardo que co novo Vieiros os que escriven artigos de opinión permitan sempre comentarios, agora que estamos todos mais o menos identificados. E se non lhes gusta a nosa opinión, poden mandanos o carallo persoalmente. O digo sen animo de molestar. E un falar.

A2b2 #23 31/Marzo/2007 A2b2

A Celso Álvarez Cáccamo: Queixaste de ter que rexistrarte!, pois vai mirar a gznacióm.com, alí non fai falta que te rexistren, alí "CENSÚRANTE". Aquí rexistraste e tes a túa opinión en "pantalla" no momento.

Barcelos #24 4/Abril/2007 Barcelos

Creo que o novo Vieiros está un pouco revolto. Non resulta doado buscar algún tema.
Ás veces hai que ir a través do Chat ou das máis comentadas ou + votadas ou dalgún comentario para chegar ao tema que queres voltar de novo.
A páxina principal só aparece se entras por Vieiros.com axiña que elixas un tema xa non tes forma de volver á páxina principal a través do Menú de vieiros.
As + comentadas non se corresponde coa realidade. A non ser que se refira no día, pero tampouco o di. Véxoo un pouco labirinto.
Un pouco de desorde nas noticias. Mézclase as noticias coas antroidadas. So hai que ver o despiste dalgúns comentarios.

Celso #25 30/Abril/2007 Celso

A A2b2: Sim, queixo-me de que a gente tenha que registar-se para fazer comentários livremente sobre os textos de opinião. Já os foros foram restringidos, e o nível de participação em Vieiros baixou muitíssimo. Agora há pouquíssimos ou nenhum comentário nos artigos. Isto faz de Vieiros um lugar passivo. Mais "acabadinho" e "sério" (preparando-se para as eleições), sim, mas passivo. Alguém que leu um texto de opinião já dedicou tempo e esforço suficiente que indica que tem interesse e portanto que a sua própria opinião pode ser interessante. Por que tem, então, que registar-se? Para demonstrar que é um "incondicional" de Vieiros? Que está "identificado" por se se ultrapassar? O único que este sistema faz é fossilizar os textos e o debate. Para isso já estão os jornais impressos. Pergunto-me quantas pessoas circulavam habitualmente por Vieiros antes, e quantas circulam agora.

E o das estrelinhas "de qualidade" nos artigos é uma frivolidade desnecessária, como se escrever fosse um concurso. Além, como votar não requer registar-se, não se sabe por que um artigo não gostou ou sim, simplesmente é uma espécie de direito do público ao "pataleio" ou à louvança sem justificar. Que se faça com os textos de elaboração própria de Vieiros, é distinto, porque lhes pode servir para melhorar. Mas para os autores e autoras é basicamente inútil: "Ah, este texto gostou muito, 4,7. Não faço a menor ideia por que gostou, mas vou fazer outro igual".

Bom, é problema de Vieiros. Suponho que poderiam voltar a fazer disto um lugar dinâmico facilmente, mas não quererão. Se não querem "lixar" os textos de opinião, uma maneira possível seria que os comentários livres se abrissem noutra janela ou noutra página, e pronto. Polo menos, para @s opinantes que quisessem.

O que façam outros lugares como gznaciom (não conheço) é problema deles.

Saúde.

harryelsucio #26 22/Maio/2007 harryelsucio

Estimado toño abal:
Penso que a tua proposta e boa pero non esquezas que moitos emigrantes fixeron moito pola nosa terra e maís moitos investiron os seus aforros en esta terra galega,negocios,empresas,etc... pero non esquezas que ti tamen fuches emigrante cando marchaches pra Suiza e cando digo eu isto e que coñezote ben e sei que eres un pouquiño cheas e cando fuches maís novo collias as garrafas de viño a teu pai e facias o botellón na praza da igrexia en Silleda tocando a guitarra e bebendo o viño de onde veu o teu alias de "TONY GARRAFAS"...saudos HARRYELSUCIO

harryelsucio #27 30/Maio/2007 harryelsucio

Queridos Compañeiros querovos anunciare que despois de 30 anos de dominio do Partido Popular en Silleda, respirase un aire novo, con un cambio importante que enche a atmosfera de radiantes e estupendos cores, donde o povo demostrou a sua soberania nas furnas deixando claro que o cambio e posible pra-deixar lonxe as raices da Inquisición o Despotismo e a Dictadura Mafiosa na que se converteu o noso concello,viva o cambio, viva a democracia, e avancemos Cara o Futuro, e así avandoar a galiza do medo en branco e negro. PAULA FERNANDEZ PENA "¡FELICIDADES!" 6,"¡CARMEN FIDALGO"¡FELICIDADES!"1 .
PP.....A FOOODEEERSSSEEE......Etc.
Ti poñeches o teu graniño Toño Paulino de Silleda, Grazas.

Wagneriano #28 17/Agosto/2007 Wagneriano

Para quando um Foro propriamente dito, como os de antes, e nom só comentários aos artigos?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: