A media habitual deica este ano situábase nos 5ºC. Ademais, en setembro produciuse o nivel de desxeo máis acusado dos nunca rexistrados.
Científicos canadenses da Queen's University de Ontario, de expedición na Illa de Mellville, no Ártico, rexistraron durante o mes de xullo temperaturas de até 22ºC, nunha zona considerada como das máis frías de Norteamérica, segundo informa o diario inglés The Independent.
Diversas partes do Ártico experimentaron este verán unha vaga de calor sen precedentes, con temperaturas que superaron en varias ocasións os 20ºC, ao redor de quince por riba da media.
"Isto é excepcional para un lugar onde a media habitual sitúase en torno aos 5ºC. Este ano rexistramos habitualmente temperaturas de entre 10ºC e 15ºC, e nalgúns días chegou aos 22ºC", afirma Scott Lamoureux, profesor de Xeografía na universidade de Queen's.
Ademais, as altas temperaturas viñeron acompañadas por un dramático desxeo do mar Ártico en setembro que acadou os niveis máis baixos dos xamais rexistrados, un indicativo da sensibilidade desta rexión do Planeta ao fenómeno do quecemento global.
Ainda vamos ter de acabar por irmos à praia no Pólo Norte!
Nom há espaço na Terra para o ser humano.
Nunha das súas praias confundín eu a Pepiño Blanco cun Paxaro Bobo.
O próximo ano Papai Noel vai ser moreno. Convén que se vaia avisando á xente non vaia ser que ó veren a un mulato entrando pola cheminea termen da escopeta.
E ainda esrán os recalcitrantes NEGANDO as evidencias dos mesmos centíficos que recollen en campo os datos, evidentemente excepcionais para as series habituais.
Tamén é certo que hai moitos intereses reais, materiais e inmateriais, en certo "negocio" sobre a temática.