Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN 2007 MATARON 76 PERSOAS

A presión das grandes empresas dispara o asasinato de indios brasileiros

O espolio de recursos naturais en zonas indíxenas propicia moitas das mortes.

Redacción - 13:55 08/01/2008

Segundo o Conselho Indigenista Missionário (Cimi) alomenos 76 indios foron asasinados en 2007 no Brasil. As estarrecedoras cifras revelan un incremento dun 60% con respecto a 2006. O estado de Mato Grosso do Sul foi no que se rexistrou un maior número de mortes: 48 en total. A continuación figura Pernambuco, onde faleceron violentamente outras oito persoas.

O Cimi recabou os datos da prensa brasileira, aínda que se sospeita que o número de crimes aínda pode ser maior. Entre os asasinatos máis destacados está o do líder guaraní-kaiowá Ortiz Lopes e o de Joaquim Guajajara, de Terra Indígena Araribóia.

Causas
O vicepresidente do Cimi, Roberto Liegboot, sinala que é alarmante a violencia que sofre a poboación indíxena brasileira. Dende esta entidade condiseran que o goberno de Lula da Silva non foi quen de estruturar unha política indixenista que teña en conta as necesidades destes cidadáns e que os protexa das presións económicas que ameazan as súas terras.

Como exemplo, Liegbott falou do caso de Mato Grosso do Sul. Neste estado, segundo explicou, milleiros de indíxenas están confinados en pequenas reservas. Dende o Cimi consideran que é urxente ampliar as áreas de terra para estas poboacións desprazadas. A maior parte dos choques violentos teñen que ver coa abafante presión das grandes empresas que queren apropiarse de recursos naturais en áreas indíxenas.


4,56/5 (9 votos)


Comentarios (4)

patarruxo #1 8/Xaneiro/2008 patarruxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Viva a globalización!!!

fervenza #2 8/Xaneiro/2008 fervenza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora vemos cales son as consecuencias do capitalismo salvaxe, do beneficio polo beneficio, e por desgraza caeu o comunismo que pulaba por un sistema máis humano, o capitalismo triunfou, oremos.

COUTOVEN #3 9/Xaneiro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non son nada máis as grandes empresas e o capitalismo salvaxe. Hai unha gran responsabilidade dos gobernos destes países. Xa que Brasil non é a única nación con importantes comunidades indíxenas en Suramérica. Estas esténdense por varios países fronteirizos. E os problemas das mesmos alcanzan igualmente a estas nacións.
É máis, para moitas destas comunidades indíxenas non existen fronteiras.

O que é certo, é que non hai que introducirse no interior da selva amazónica para ver a membros destas comunidades explotados ou maltratados.

Aínda que en Brasil cóntase cun presidente serio e comprometido como Lula que saíu das bases sindicais e alcanzo o poder por esforzos propios. Existen problemas e os mesmos terán que ser afrontados con realismo e seriedade e non coa politiquería barata que se practica noutros países latinoamericanos con gobernos camuflados de SOCIALISTAS pero cun corazón máis reaccionario ou fascista que Franco. Na actualidade é triste ver como gran cantidade de indíxenas fan de INDIGENtes en rúas de cidades de moitos países latinoamericanos, de forma especial poden verse en Caracas, Maracaibo, Valencia, etc. Onde en moitas esquinas é común ver a nenos e mulleres solicitando caridade (esmolas) nun país que foi orixinariamente deles, que España colonizo fai séculos e que os seus políticos actuais seguen explotándoos e segregándolos descaradamente.

Tamén é común ver a “DIRIXENTES INDIGENAS DE UTILERIA” que do mesmo xeito que calquera politicucho de terceira fan loas ao caudillo do momento e pretenden dar unha imaxe de compromiso ao inaugurar unha escola ou un plan de saúde. Que desaparecen aos poucos días cando o fin político ou electoral conseguiuse.

Se un trasládase ás súas comunidades apréciase que os índices de malnutrición, enfermidades como a tuberculose e o paludismo retornaron con forza a estas comunidades.

No caso particular de Venezuela, logo de 9 anos de goberno coa maior avalancha de recursos non diminuíu esta problemática se non que pola contra a aumentou a valores de principio do século pasado. É triste ver como comunidades como os yanomami (fronteira entre Brasil e Venezuela) son desprazados e ata asasinados para que mineiros Brasileiros e Venezolanos exploten minerais preciosos, destruíndo o ecosistema baixo a mirada tolerante da Garda Nacional. Os waraos (delta do Orinoco) co seu illamento e falta de atención gobernamental padecen de enfermidades como tuberculoses, malaria, etc. Os Wayúu (fronteira Colombo-Venezolana) tiveron que sumar á súa cultura ancestral prácticas comerciais entre Colombia e Venezuela que rememoran as historias do COTO MIXTO entre as fronteiras de Galiza e o norte de Portugal en época do franquismo, ou a contaminación que sofren coas minas de carbón do Guasare e sen deixar de contar o cultivo de drogas na serra de Perija de mans da subversión Colombiana.

De tal xeito que a presión das grandes empresas SUMADO á falta de acción dos gobernos atenta contra as poboacións indíxenas de Suramérica. Xa que para gran parte deles as fronteiras non existen pero os problemas se.

Jatopardo #4 9/Xaneiro/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estaba cantado que a producción en masa de biocombustibles que está facer Brasil tiña que ser a costa das terras da Amazonia. As selvas do sudeste asiático xa foron ao carallo polas plantacións de palma para biocarburantes, e agora están esnaquizando o Amazonas.

Mentras tanto, os buses de Santiago andan todos pintados co rollito de "este autobús funciona con biocombustibles". Vergoña lles debería dar se souberan a miseria que hai detrás desa mal chamada "enerxía verde".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe dun grupo de indíxenas no Brasil / Foto: papachisimo
Imaxe dun grupo de indíxenas no Brasil / Foto: papachisimo
Familia Yanomani / Foto: Survival
Familia Yanomani / Foto: Survival