Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

O delegado do goberno español sospeita que Resistencia Galega está detrás da bomba de Miño

Segundo Manuel Ameijeiras, o artefacto que estourou nunha caseta de obras de Fadesa tiña entre tres e catro quilos de pólvora.

Redacción - 13:30 08/02/2008

O representante do executivo estatal en Galiza, Manuel Ameijeiras, afirmou que o "modus operandi" no último atentado en Perbes (Miño) “faino practicamente similar a outras actuacións de Resistencia Galega”. Ameijeiras sinalou que os danos na nave comercial da urbanización “Costa Miño”, que constrúe Martinsa-Fadesa, foron escasos.

Ameijeiras subliñou que este tipo de atentados son "especialmente graves" a poucas semanas duns comicios xa que “distorsionan un proceso electoral, que é a máxima expresión da democracia e das leis”.

O BNG condea o atentado (actualizado ás 17.15 horas)

A dirección do Bloque fixo público un comunicado no que condea os feitos acontecidos esta madrugada en Miño. Dende as filas da organización nacionalista subliñan que "a violencia repugna a conciencia pacifista e democrática do pobo galego, para quen estes actos resultan unha ofensa intolerábel".

Tamén o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, se referiu ao sucedido en Perbes en parecidos termos. O máximo mandatario galego mostrouse confiado "no bo traballo das forzas de seguridade".


4,67/5 (6 votos)


Comentarios (7)

Anti_Lusista #1 8/Febreiro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non necesitamos a catro iluminados que coloquen bombas no noso nome.

mercedes #2 8/Febreiro/2008 mercedes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fadesa, Mahía, Martinsa e outras empresas imobiliarias (non so galegas, están a desplazarse eiquí dende Levante) especulan, destrúen a paisaxe, neste caso nos altos de Perbes e de San Xoán de Vilanova.Case o mesmo sucede cos parques eólicos, peor aínda cos recheos institucionais do mar. Máis: ¿Amaña algo unha bomba ou só serve para que medre a presión policial sobre o nacionalismo?

UnDeTantos #3 8/Febreiro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Certo,mercedes,so medra a presió policial e a dos medios de comunicación.
So os independentistas de verdade sabemos o mal qe lle fai á nosa causa que 4 rapaces xoguen a ser vasquitos..

DeusExMachina #4 8/Febreiro/2008 DeusExMachina
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lamentable que uns cantos tolos, que din defender a Galiza, fagan estas cousas.
Eu non me sinto representado por istos rapaces.

Arriba o nacionalismo democrático

BonKarallan #5 8/Febreiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu creo que esaxeran, pois se estivesen detrás explotaríalles na cara e non houbo danos persoais.

luisfilipe #6 8/Febreiro/2008 luisfilipe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

BonKarallann, acho que nunca me ri tanto com um assunto tão sério!!!

mceleiro #7 10/Febreiro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Evidentemente ter a ETA diariamente como tema central nos méios espanhois faz o seu efeito na "opinião pública". Agora já estão no mesmo saco os actos de boicote e os de terrorismo. Os comentarios anteriores já não distinguem entre matar pessoas ou criar pequenos destroços simbólicos, que economicamente são perdas irrelevantes para essas empresas.

Até que nível de infantilismo chegamos."Non me sinto representado". Fazemos logo eleiçons para eleger aos nossos terroristas/boicoteadores democráticos?. Manda caralho.

Se estes actos são a forma correcta de luita é outro debate, mas bem certo é que os nacionalistas democráticos, e levades 3 aninhos governando e com as competências necessárias para travar a especulação não fizestas absolutamente nada, a parte de ainda agravar a especulação e a desfeita que esses quatro rapazinhos pretendem tirar, a base de bombas caseiras.

Na minha opinião, e eu não acredito nessa forma de luita, eles merecem-me mais respeito que vós, tão DEMÓCRATAS, tão CALADINHOS e tão CÓMPLICES, quando não directamente CULPÁVEIS.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: