Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
'DECLARACIÓN DE PARÍS'

Acabar coa "lacra do monoligüísmo" no Estado

Os responsábeis de Política Lingüística de Cataluña, Euskadi e Galiza acordaron traballar por unha España multilingüe e pola igualdade de dereitos na UE.

Redacción - 14:21 08/02/2008

Galiza, Euskadi e Cataluña ratificaron este venres en París a súa aposta pola construción dun Estado Español plurilingüe no que galego, eúscaro e catalán, linguas propias de máis do corenta por cento dos habitantes do Estado, sexan respectados e conten cos mesmos dereitos que o castelán. A Declaración de París, asinada no marco do salón Expolangues, únese a outros protocolos de colaboración en materia lingüística asinados polos tres países nos últimos meses. Este acto chega nun momento no que volve poñerse sobre a mesa o debate sobre a posibilidade de aprender e usar galego, eúscaro e catalán en todo o territorio do Estado.

Na declaración, ademais de reafirmar que "o Estado español é un estado plurilingüe", reclámase que "os cidadáns vascos, cataláns e galegos, como cidadáns europeos, han de poder recoñecerse nas súas linguas propias, en réxime de igualdade de oportunidades co castelán". Finalmente, a declaración céntrase nos medios de comunicación e en Internet e afirma que "a información distribuída polos medios de comunicación de titularidade pública debe reflectir fielmente a realidade plurilingüe do Estado español e do conxunto de Europa" e que "os usos persoais e profesionais das tecnoloxías de información e comunicación han de adecuarse de xeito eficaz ás múltiples opcións lingüísticas".

Marisol López Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, afirmou que "o respecto pola pluralidade lingüística constitúe o fundamento da idea europea" e explicou que coa sinatura desta declaración, "pretendemos incidir na idea do fomento da diversidade lingüística e cultural como maneira coherente de construír este proxecto común que é Europa".

A uniformización lingüística, un "atentado"

As declaracións máis fimes chegaron dende os representantes vasco e catalán. O viceconselleiro de Política Lingüística de Euskadi, Patxi Baztarrika, destacou que Europa "é sinónimo de diversidade lingüística", e que calquera pretensión "uniformizadora", calquera intento "de negación" da pluralidade lingüística, e "calquera pretensión" de imposición do monolingüismo constitúe "un atentado contra o corazón da mesma Europa". A xuízo de Baztarrika, traballar a favor do plurilingüismo e polo tanto a favor do recoñecemento da maioría de idade do éuscaro, do catalán, do galego e do conxunto das linguas, "é condición necesaria para construír unha Europa aberta, moderna e democrática".

De igual xeito, Bernat Joan, secretario de Política Lingüística da Generalitat, afirmou que "é necesario que traballemos xuntos para evitar a lacra do monolingüismo tanto persoal, como social, como estatal". A Europa do futuro, engadiu, "non se pode concibir a si mesma desde o monolingüismo propio dos estados formados no século XVIII. Dominar varias linguas non só xera unha mentalidade máis aberta, senón que nos abre un abano de oportunidades extraordinario". Así mesmo, Bernat Joan resaltou a importancia de "facer extensiva" a coordinación con vascos e galegos a partes integrantes "dos nosos respectivos territorios lingüísticos, como as Illes Balears".


Documentos

5/5 (11 votos)


Comentarios (8)

LOIS_DE_SILAN #1 8/Febreiro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"... que galego, eúscaro e catalán, ... , sexan respectados e conten cos mesmos dereitos que o castelán."

Que nos quererán dicir con iso? Que debe ser declarada tanto a súa oficialidade en todo o territorio do Estado coma o deber xeral de coñecérmolos todos os españois como acontece co castelán? Queren que amais de dúas linguas estranxeiras os españois saibamos castelán, galego, euscara e catalán? E aranés tamén?

Significará iso que na Galiza, en Euscal Herría e nos Países Cataláns debe ser usada a lingua territorial propia respectiva como en Castela se usa o castelán, xunto coa oficialidade e deber xeral de coñecemento das outras linguas españolas alleas ó respectivo territorio? Tanto nos queren complicar a vida lingüística?

Séxavos cal sexa o significado, amosanos o severo problema que temos con representantes coma estes, que descoñecen o ordenamento vixente. E nos dous aspectos, no de non o coñecer e mais no de violalo!

Gaviotero #2 8/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Los que se niegan a condenar el nazismo no nos van a dar ninguna lección de democracia. Por una España libre de imposiciones, totalitarismos y nacionalismos...libre de ETAs, Terras Lliures y Resistencias Galegas.

Gaviotero #3 8/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, estos tipejos tan encantados de haberse conocido no representan ni a un 5% de la población española...Vamos, ni caso.

lunet #4 8/Febreiro/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n...

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.

chegaliza #5 9/Febreiro/2008 chegaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os que se negan a condenar o rasismo non nos van a dar ningunha lección de democracia. Por unha España libre de imposicións, totalitarismos e nacionalismos...como o PP

chegaliza #6 9/Febreiro/2008 chegaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, estes tipejos como o PP tan encantados de haberse coñecido representan ao racismo da poboación española...Imos, nin caso.

Maeloc-do-Rouco #7 18/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n....

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet.
Novo comentario

Colazo #8 19/Febreiro/2008 Colazo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

como non imos condenar o nazismo Gaviotero, aparte do Holocausto tamén vos apoiaron na Guerra Civil

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un momento do acto de sinatura
Un momento do acto de sinatura