Pasou quinto polos 250 metros pero chegou primeiro aos 500, conseguindo o pase directo á final.
Voou sobre a auga de Beixín este martes o padexeiro cangués. Malia unha frouxa saída, que o deixaba na metade da proba en quinto lugar, David Cal remou duro no segundo treito para deixar o cronómetro en 1'48''095.
Unha primeira posición que lle dá ao galego o pase directo á final. Cal optará así a traer dúas medallas para Galiza, xa que o día anterior conseguira tamén o pasaporte para a final de C1 1000, a especialidade onde xa apañara o ouro hai catro anos.
Dúas de "Cal" e dúas de area, aínda que para min o de Gómez Noya e Iván Raña non é area, senó tamén cal. A culpa, moitas veces, téñena os xornalistas que venden o ouro antes de competir e logo quérense colgarse eles as medallas.
Por certo, aínda que dúas medallas sexan máis que unha, escríbese igual, con dúas eles e non con tres. (Cal optará así a traer dúas "medalllas" para Galiza...)