Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Piragüismo

David Cal consegue unha nova medalla de prata para Galiza no C-1 500

O ruso Maxim Opalev impúxose ao de Cangas, que malia non conquistar o título olímpico marcha de Beixín consagrado como un dos mellores deportistas galegos de todos os tempos.

Redacción - 09:50 23/08/2008
David Cal

David Cal

O piragüista de Cangas David Cal logrou un novo éxito para o deporte galego logo de conseguir unha medalla de prata na competición de C-1 na distancia de 500 metros este sábado en Beixín.

Cal, que repite o resultado deste venres na distancia de 1.000 metros, viuse superado na carreira polo ruso Maxim Opalev que levou o ouro -Iurii Cheban, de Ucraína, foi bronce.

No entanto, e malia non conquistar o título olímpico, o de Cangas marcha das Olimpíadas de Beixín consagrado como un dos mellores deportistas galegos de todos os tempos.


4/5 (7 votos)


Comentarios (11)

carlinhos21287 #1 23/Agosto/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

viva Cal e viva Carlos Perez.... vivas os deportistas galegos

mau #2 23/Agosto/2008 mau
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Cal parecia decepcionado... ou é que estava indisposto? Se foi o primeiro, acho que pode estar contente pelo resultado, não é?;) Mudar um ouro por duas pratas... nada mal!

carlinhos21287 #3 23/Agosto/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ao parecer andaba indisposto... estivo vomitando e con mareos.....

Barcelos #4 23/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabén David.

Valen máis dous de prata que unha de ouro e un 9º posto en 500 mts. como fixo Atila. E se engadimos que conseguiches a prata estando enfermo, máis mérito.

E aínda vale máis 4 participacións e 4 medallas: 1 de ouro en Atenas e 3 de prata.

Es un fenómeno. Os xornalistas pensan que partes do ouro e perdes o posto, pero en cada carreira empézase de novo e pártese de cero, así que todo o que se consiga é engadir, nunca restar.

tumbon #5 23/Agosto/2008 tumbon
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noraboa David!!!
Unha pregunta á redación de Vieiros: ¿A quen representa a Galicia ou a ESPAÑA?????
jejejeje

micsha #6 23/Agosto/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Va a ser que es un gallego que, obligado por el Estado fascista invasor y represivo, está representando a España...

Biosbardos #7 23/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gha gha gha moi bo micsha

Noraboa campión, xa dixera el que estaba un pouco tocado trala primeira carreira. Non obstante, para min demostrou ser un gran deportista, ás veces a xente mira as medallas coma se as gañasen eles

lavesedo #8 23/Agosto/2008 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

parabéns a David e a Perucho, morraço power!!
Ahh! e non misturemos allos con bugallos, micsha e tumbon. O David é deportista, non político. Vai por españa igual que iría calquera outro galego, porque o estado, demócrata e moderno ou fascista e represivo, -a adxetivación deixásmocha a ti michsa que seica o fas ben-, nos obriga, -fano as súas leis-, a representar a españa. Pódenos gustar e semellar o lóxico, seica é o voso caso, ou non, que é o meu.
Igual dentro de 25 anos os deportistas estarán obrigados a representar a europa ou a galiza ou a Ál-Andalus, non se sabe. O conto é que o van facer igual, porque a maioría deles tanto lles ten.

micsha #9 23/Agosto/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que sí hombre que sí. El problema, Lavesedo, es Vieiros y algunos que le bailan el agua. Se puede ser nacionalista, pero no por ello se tiene que hacer el ridículo: decir que Cal consigue medallas para Galiza es, simple y llanamente, una idiotez. Algo innecesario, además, porque todo el mundo sabe que no está representando oficialmente a Galicia sino a España. Que algunos sueñen con que algún día represente a Galicia es una cosa, y otra cosa es decir paridas. Por lo demás, siempre tendemos a creer que los deportistas sientes colores, cosa que yo no veo nada claro: el triunfo de un deportista le produce, antes que nada, una inmensa alegría personal, no colectiva. En la medida en que piensa en las personas que le han acompañado en su vida, en qué lugares a entrenado, quién le ha ayudado, dónde vive, supongo que luego sentirá el orgullo de poder darle una alegría a todas esas personas. No me cabe ninguna duda de que Cal se siente feliz por Galicia porque él es gallego; pero dudo mucho que obvie que por televisión millones de españoles le han estado apoyando. Y dudo mucho que vea a toda esa gente como gente que no tiene que ver con él.

micsha #10 23/Agosto/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ha entrenado

ranciadas #11 24/Agosto/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si micsha cóntanos contiños como a utilización política dos "deportistas" da selección fascista española e o seu "A por ellos"... O estado español é un estado represivo coas culturas que non son a "española oficial", de aí que os nosos deportistas teñan que ir a competicións porque senón os sancionan, é que sodes así de demócratas...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete