Velaquí vai a crónica completa do acontecido este domingo en Piyarnu, enviada pol'O Varal.
Faltan palabras para describir todo o acontecido na pista polideportiva de Piyarnu, durante esta II Copa Cantábrica. Un ambiente digno das grandes ocasións recibiu a machetadores e palanadores, dispostos a realizar cadansúa danza de guerra baixo o amparo das bandeiras, antes de iniciar a sempre encarnizada loita.
Se foi difícil pór en marcha a maquinaria desta competición internacional, que racha moldes e fronteiras, máis difícil é mantela co pulso intenso co que se seguiu a 2º edición. Piyarnu foi o nacemento de moitas cousas. Alí naceu a furia asturiana, con xerme no barrio Avilesino do Quirinal, que se espalla dende as Bárzanas a Gozón , pasando polo barrio da Lluz para chegar até Teverga e ameazar xa con instalarse en Xixón e Uvieu.
Outra das cousas que se fraguou no cemento de Piyarnu foi a necesidade imperiosa dunha emisión en tempo real para que o pobo teña novas do pulso vital da Auténtica, e chimpar así por riba do boicot informativos ó que estamos sometidos. É por iso que radioceánico Sak se deslizou até a brava ondada cantábrica de Piyarnu, para narrar nos espectaculares petiscos dixitais do varalmorse.pt o encontro da Auténtica.
En Uvieu estivo Carlos Suari, formando parte dun numeroso continxente de apoio dentro do que estaba o gaiteiro oficial da selección Asturiana. Este interpretou o himno astur, despois de que a Auténtica interpretara, na figura do polifacético Daniel, o queixumes dos pinos, cos puños erguidos dos palanadores e palanadoras.
Os dous setos simultáneos remataron empatados a 1 , nesta final a cinco carreiras. Galiza pechou o internacional vencendo nas tres primeiras con 2 varados, un de Victor e outro de Daniel. A tensión apoderouse do estadio e mesmo houbo algunha impugnación ao resultado. É por iso que abrimos o noso correo, por se alguén quere facer algunha valoración do acontecido en Piyarnu, que será publicada para o seu coñecemento público.
Dende a Plataforma Copa Cantábrica queremos acordarnos de todos aqueles que, por diversos motivos, non puideron estar, como foron: Delmi, Marcos, O´Zidane, Markitos, Luisa ou Chema, entre outros. Malia non poder estar fisicamente sobre a pista estiveron igual con todos nós.
Dende a Plataforma de xestión da Auténtica (PxA) tamén queremos agradecer o compromiso de todolos seleccionados e o seu excepcional comportamento cos nosos irmáns da selección asturiana. Se na 1º edición foi David, dos Filloas de sangue, quen se atreveu a rachar o xeo integrándose na perigosa expedición da Auténtica en terra astur, esta vez foron Xosé Miguel de Moaña e Iván de Arousa os que desafiaron as raias continuas, para sentir en carne propia o poder e orgullo infinito de vestir a camisola da Auténtica.
Andrés, dos Remourelle Bulls, fíxose co famoso Lacón Cantábrico. Despois do espectacular xantar en Casa Orosia das Bárzanas o Bar Timo, en Avilés, foi a parada final das dúas seleccións. Despois, o retorno no autobús da LNB, para afrontar unha apaixonante fin de semana con Abertos no horizonte. Moi atentos porque TELE-VARAL prepara o sempre maxistral audio-estalo, co que tod@s volveremos a arrebolarnos á máxica pista de Piyarnu. Puxa a imparábel revolución do Liriu , Adiante a imparábel revolución billardeira!!
MARCADOR: ASTURIES: 1 SETO / GALIZA: 2 SETOS
Pero que bonita queda a nossa bandeira, nestes actos internacionais!!
Desde cando Asturias é unha nación? Coma sempre xogando con rexións e parafernalia incluída cutre.
Os asturianos serán o que queiran ser, mais a única opción e aplaudir e apoiar a esta xente da billarda, que están a organizar algo potentísimo coa oposición das institucións.
Dime tu en cal selección das que paga a Xunta se leva a bandeira da patria ou se fala de Galiza e non Galicia.
A bandeira coa estrela, nace e debe ser empregada unicamente en actos de partidos. En ningún caso representa, nin debe representar, á bandeira nacional, que en calquer caso pode ir acompañada co escudo do Reino de Galiza, ou non. Non poido máis que supoñer que nese contexto carece de todo sentido.
Concordo com o assunto da bandeira.
A bandeira nacional deveria ser com escudo SEM cora (ou alo menos sem a coroa BORBÓNICA :P)
istes da billarda a iste paso van acabar na cadea , semella que só lles interesa representar ó pobo galego traballador e non ás súas intitucións , ate cando Touriño e Quim van consentir iste aldraxe??
Para min a bandeira galega é a bandeira coa estrela para todo. Tinha que estar colgada en tódolos concellos e en todolos actos onde haxa galegos.
Se se quere poñer un escudo que fose a serea de Castelao.
O asunto e que os da selección de billarda decimos que non somos españois e que somos unicamente galegos, e nos outros deportes case naide se nega a representar os españois. Por tanto un 10 para os da billarda por convertir este xogo popular nun deporte nacional.
¿E que mellor que o simbolo nacional de Galiza para expresar esa galeguidade este sentimento de ser galego e non ser español?, Agora resulta que a estrela vermella sovieta é o simbolo galego por antonomasia, señores, aceptemos o simbolo que durante máis de 700 anos representou a Galiza, empregemos o calice dourado baixo fondo azul, porque este expresa non só a nosa pervivencia como nación, senón tamén a aceptación da nosa historia como país. Os da billarda que levaban a bandeira, 100% dacordo se querian levala porque si, están no seu dereito, pero todo ten un contexto, e aquel non era un contexto político da esquerda nacionalista, era un contexto de deporte internacional. Calquer país sintese orgulloso dos seus simbolos nacionais, o que pasa é que o 99% dos galegos que levan esa bandeira descoñecen non só a orixe do simbolo do Cálice, senón que descoñecen nun 99% a historia de Galiza. Rídiculo a estas altura da historia. Con nacionalistas asi, igual acabamos por desfacernos do galego, do azul da bandeira, e do hino.