Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Evo Morales, referendado

14:00 22/08/2008

“Compañeros de la prensa internacional…”, así comezaba, flanqueado pola bandeira nacional e polo xeneral en xefe das forzas armadas, o presidente de Bolivia ratificado a conferencia de prensa posterior ao revogatorio, antes de enumerar moi de vagar, con voz tépeda e un sorriso atravesado por un laio triste, o ronsel de inexactitudes, manipulacións xornalísticas, mentiras difundidas sobre o seu goberno, sobre a súa figura dende os tempos nos que lideraba o movemento sindical dos cocaleiros, mesmo sobre os resultados e datos referendo revogatorio avalado polos observadores internacionais.

A maioría da prensa internacional, entre a que ten un papel activo o grupo Prisa, que controla poderosos xornais opositores como La Razón, transpiraba no perídodo previo ao 10-A, percepcións dun goberno debilitado, acurralado, en minoría social, bloqueado e con importante perda de apoio electoral.


Quizais por iso, cando o envíado especial da cadea SER,(PRISA), expresou publicamente a súa felicitación persoal ao presidente polos resultados, Evo Morales lle pediu encarecidamente que difundise a realidade que percibiu.

Hai meses que entre os analistas solventes, politólogos e institutos demoscópicos serios, só barallaban a hipótese do triunfo de Evo Morales, aínda que ningún chegase a atinar impresionante dimensión do apoio popular.

Entre as razóns que podan explicar este resultado poderían estar unha seria de accións de goberno que o conflicto territorial dos estados orientais da Media Lúa sepultou como:

Que o crecemento medio do PIB na era Evo foi do 5,2%, a diferencia de anteriores gobernos Eduardo Rodríguez (4,0), González Mesa (4,2), Sánchez de Lozada (2,6), Jorge Quiroga (1,6), Hugo Banzer (2,5).

Que o investimento público executado no 2007,case duplicase ao de exercicios precedentes.

Que as reservas internacionais, sextuplicasen ás que promediaron entre os anos 1999 e 2005.

Que nos últimos tres exercicios houbese por primeira ver na historia superávit fiscal.

Que a débeda pública externa se reduciu á metade.

Que se triplicase a transferencia de recursos aos concellos do imposto de hidrocarburos. Que a recadación por hidrocarburos se triplicase.

Que a produción se duplicase e o emprego se cadriplicase no sector mineiro.

Que o investimento público na industria se multiplicase por dez.

Que tan só nos últimos dous anos se duplicase a media de infraestruturas viarias construídas durante os últimos corenta anos.

Que os maiores teñan subsidios do estado.

Que se dividise por oito o número de analfabetos.

Que se duplicase o número de construcións escolares.

Que as rendas máis baixas vexan reducida nun 25% as tarifas eléctricas.

Que o número de conflitos sociais se reducise considerablemente.

Que Bolivia descendese cen chanzos na clasificación internacional da corrupción…

Este paquete de datos, poden explicar, en parte, que o presidente Evo Morales Ayma, obtivese un respaldo do 67,41% dos bolivianos, que acudiron a votar nun 83%.

A oposición que sempre se negou permitir que o revogatorio, e que tan só cando estivo cegada polo espellismo das consultas unilaterais autonomistas dos departamentos da media lúa posibilitou sumou os seus votos para posibilitar os referendos, non atinou a albiscar a magnitude da derrota.

A eles, un presidente Morales fortalecido dirixíase durante a rolda de prensa internacional para advertir: “ Se alguén entende autonomía como independencia, pode haber reacción popular. Estamos comprometidos coa autonomía para os pobos, non coa autonomía para os grupos económicos e para as familias oligárquicas”.

En Bolivia, como en outros países postergados de América Latina, hai en marcha un proceso de transformación social, que non pode agachar detrás da pequena etiqueta de indixenista, nin vai parar polas tensións territoriais.

Está en marcha proceso de cambio que Evo Morales etiqueta como de construción do socialismo en democracia.

Sen deixar a voz pausada que mantivo durante toda a rolda de prensa internacional, rematou cunha confesión case confidencial, sobre o concepto de socialismo en democracia;

“ Nunha prolongada conversa con Fidel Castro este díxome: “Non fagan o que eu fixen, son outros tempos, constrúan o socialismo en democracia”.

Eu entendín perfectamente a mensaxe…concluíu.

Os conflictos continuarán, as tensións territoriais tamén, pero o peso de democracia chantou a Evo sobre alicerces moito máis sólidos. Xa sabe que dispón de prórroga para poder erradicar a pobreza extrema que se marcou como primeiro obxectivo.

Laudelino Pellitero, A Paz (agosto de 2008)

4,32/5 (19 votos)


Comentarios (9)

COUTOVEN #1 22/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Magnifica defensa de Evo Morales.

En poucas palabras. O mesmo que di a cadea SER pero ao revés. Resulta que ao imparcial cronista esquece sinalar que do mesmo xeito que Evo os principais opositores del tamén superaron o Referendo. Quedaron igual que antes.

O que non di para nada é o financiamiento e apoio loxístico que lle brindou o réxime do asasino do 4 de febreiro de 1.992 Hugo Rafael Chávez. Diñeiro en efectivo, helicópteros, combustible case regalado e militares venezolanos. Desa forma calquera pode manipular unha elección.

Iso si. O diñeiro de todos os venezolanos está a utilizarse para apontoar un modelo político fóra das nosas fronteiras. Está ben que Chávez simpatice con Evo. O que non está ben é que dispoña do diñeiro dunha nación con tantos problemas como Venezuela.

É triste ver como nas frecuentes visitas de Evo a Venezuela só vén pedir e pedir. Até o punto que chegou a suxerir que o diñeiro se lle dea nun cheque para evitar a burocracia Boliviana (Eu penso que á contraloría tamén) Isto sen falar do maletín con 800.000 dólares requisado a un militar venezolano que a diferenza do caso Wilson na Arxentina foi tapado.

Que caro lle está saíndo a Venezuela a afección á folla e á PASTA DE COCA do noso COMEDIANTE EN XEFE.

http://www.youtube...

Isto non o digo eu nin a cadea SER. Foi dito polo mesmo Chávez na asemblea nacional en pleno horario infantil. E eu pregúntolle ao analista internacional.

É mentira o deste Vídeo?

Vostede daríalle pasta de Coca ao seu fillo atendendo ao feito que sinala Chávez sobre as súas bondades nutritivas?

Por que non pon o monto do financiamiento de Venezuela ao goberno de Evo, co cal non contaba ningún dos presidentes bolivianos anteriores?

Definitivamente a cadea SER din medias verdades e vostede TAMBIEN. Iso si, a riqueza venezolana destínase a calquera cousa menos a servir aos seus lexítimos propietarios.

DoutorEsweider #2 25/Agosto/2008 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

bla bla bla... a propaganda regurxitada da burguesia criuola resentida, racista, clasista e frustrada. Ao coutoven vese-lle claramente o plumeiro...prefiro a gaviotero, polo menos a sua idiocia é tan infantil que non se fia repulsiva como a do fulano este racista de coutoven

COUTOVEN #3 26/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mira DoutorEsweider ou Dra. Eu non se. Pero nestes foros danse opinións. Se de plumeros falamos. Ese será teu problema. Non me importa que che guste máis Gaviotero. O que non se, é se a ese señor gústanlle os emplumados.

Se non ten argumentos non insultes xa que posiblemente ti sexas o dobre de estúpido, racista e clasista do que me cualificas.

Fóra o teu gusto polos plumíferos e túa oligofrenia manifesta. Díme o ti onde está a mentira.

Eu non teño a culpa que o que escribiu o articulo non se preocupase en pescudar que outros políticos opositores saíron airosos no referendo. É mentira?

Eu non teño a culpa de que Evo Morales sexa un mantido do goberno Venezolano e teña unha “liña de crédito aberta” Iso si. A Expensas do patrimonio de todos os Venezolanos.

É que a tua supina ignorancia de comunista trasnoitado non permitiuche informarche que Venezuela xa perdeu 2 helicópteros propiedade do exército nacional e no último morreron 4 venezolanos. Para a túa información, iso chámase peculado de uso.

E recorda, O peixe morre pola boca e non polas plumas que tanto parecen que che gustan. O que fala no vídeo é Chávez. O que di que a folla e a PASTA DE COCA son boas é Chávez. Non só consómea, senón que recomenda. Se emplumado compañeiro. PASTA DE COCA. Dio Chávez non este servidor. É mentira?

Pregúntalle ao embaixador de Cuba que estaba presente e que supostamente lle manda xeados copelia. Por certo a ti deben gustarche bastante. Non te acordas da famosa película Cubana “Fresa e Chocolate”? Na mesma os actores recrean moi ben a uns plumíferos cubanos.

Entón enriquece os teus argumentos con comentarios e se queres descualificar a alguén empeza por demostrar que é mentira o que di. Porque se a cousa vai de insultos véxoche moi mal e os foros interminables e inútiles.

Por certo. Que plumas gústanche máis? As rosadas ou as carmesí?

xacataca #4 27/Agosto/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coutoven, vde. é un auténtico racista (e un fascista). Demostrouno en moitas ocasións nos seus comentarios. Xa que logo, tócalle pandar, porque como moi ben di o peixe morre pola boca.

Agora -non sorprende- demostra tamén ser un homófobo de carallo.

É evidente que lle molesta que o pobo latinoamericano se erga contra a oligarguía que lle zugou o sangue durante tantos séculos.

Os tempos son chegados. E se non lle gusta -como xa lle comentei noutras ocasións- lisque para os Estados Unidos, nación de libertad para todos los hombres de bien como usted.

xacataca #5 27/Agosto/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Os conflictos continuarán, as tensións territoriais tamén, pero o peso de democracia chantou a Evo sobre alicerces moito máis sólidos. Xa sabe que dispón de prórroga para poder erradicar a pobreza extrema que se marcou como primeiro obxectivo."

Latinoamericano #6 27/Agosto/2008 Latinoamericano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Prezado Coutoven:

Ë certo que hai verdades e medias verdades, pero non é menos certo que hai afirmacións que son sinxelamente falsas.
Dos seis perfectos da oposición que se sometían a dicame popular, dous foron revocados, concretamente: Manfred Reyes de Cochabamba e José Luís Paredes da Paz.
Os dous perfectos oficialistas o presidente e vicepresidente foron raticados nos seus cargos.
Por tanto non é certo que quedasen como antes, polo menos no tema da ratificación dos perfectos.
No asunto do apoio popular é opinábel, mais, pasar do 53,7% que obtivo nas presidenciais do 2005, ao 67,41% do revogatorio de agosto de 2008,é, cando menos, estatísticamente significativo, sobre todo logo de tantos meses de mobilizacións, retóricas agresivas, mobilizacións das clases medias e dos departamentos máis desenvolvidos.

Non remato de enteder moi ben a relación do tema co financiamento venezolano. Chávez ten mostrado apoio a candidatos que afortunadamente teñen fracasado como Ollanta Humala en Perú, ou no caso da polémica derrota de López Obrador en México.
Bolivia non agacha o financiamento Venezuelano. Na memoria de goberno Boliviano presentada para o revogatorio, presenta como logro mesmo as 5922 computadoras dondas por Venezuela para entres administrativos e educativos.
Existe ampla documentación sobre financiamento estranxeiro dos partidos políticos na transición española e non é ningún secreto o financiamento dos partidos, nin dos movementos opositores en América Latina. Os grupos de presión existen en ambas direccións, defendendo intereses contrapostos.
Agora ben, misturar financiamento con manipulación, xa é menos rigoroso.

O tempo dirá se foi solidariedade, se foi un derroche ou se foi un gran negocio para Venezuela meterse no sector enerxético estratéxico do Gas Boliviano que compensou as achegas vía cooperación.
A quen lle corresponde valoralo politicamente son os electores venezolanos nas próximas eleccións presidenciais.

Por último, onde xa, costa máis entender a relación con Bolivia é na forza do argumento e no tema da folla de coca, misturada con infancia, Chávez, horarios de audiencia, etc.

Pode que exista un erro de base: confundir folla de coca a pasta de cosa e a cocaína, cousa na que tamén semella ter incorrido o presidente de Venezuela cando alude a pasta de coca, que non é a folla, nin a cocaína. Pero que está prohibida internacionalmente. Cando se falan tantas horas seguidas, como fai Chávez non é fácil manter o rigor. Os programas en directo de Aló Presidente son un exemplo permanente.

A folla de coca foi utilizada secularmente con fins médicos desde a época dos incas. Ten propiedades terapéuticas contra do colesterol, axuda a regular a presión arterial, neutraliza o mal de altura, pode estabilizar o soño, alivia doenzas estomacais estomacais, regula os microorganismos intestinais, etcétera. Algún alto membro da familia real española saíu fotografado mastigando folla obsequiada por un transeúnte durante unha visita oficial

Nada que ver co clorhidrato de cocaína, coa cocaína de base libre ou co crak producto occidental, que se presenta tras diferentes adulteracións químicas e que produce desordes mentais, taquicardias, perda de nocións de frío, calor, fame ; impotencia sexual, aumenta o risco de accidentes vasculares, provoca adicción, e outras sintomatoloxías perigosas para a saúde de mente e corpo.



Agradezo sinceramente os comentarios, porque dan a oportunidade de facer dialéctica non excluínte, de colar datos e argumentos.

A discernir entre verdades, medias verdades, falsedades e contos chinos.

Coas argumentacións podemos contribuír a sacar tensión, eliminar descualificacións, condenar as distintas formas de violencia, aínda que iso semelle complicado en sociedades polarizadas e divididas como a venezolana e a Boliviana.

Laudelino Pellitero

Venezuela a 27 de agosto de 2008.

COUTOVEN #7 28/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dáme mágoa perder o tempo con xente como vostede XACATACA.

Simplemente nunca foi capaz de achegar unha soa cousa que demostre que algo do dito por min é falso. Só descualificacións Ese é o teu mellor argumento?

Simplemente es o típico fanático voluntarista de dereita ou esquerda que onde vai, só sabes argumentar slogans desfasados no canto de argumentos sólidos. Aprendíchesche moi ben a lección coa cal o extremismo de dereita e esquerda arma aos seus monicreques. “Se non tes argumentos. Descualifica e se é posible agride”. Creame, xa a xente non cre niso e até causa risa.

Sobre a homofobia. Iso demostra a túa hipocrisía. Xa que ti sabes moi ben que nace dun comentario (por non dicir insulto) do DoutorEsweider e non precisamente neste foro. Iso demostra que a túa argumentación é baleira e oportunista.

Ninguén pode ser xulgado polo que pensa. Nin os argumentos que teña sobre un tema deixan de ser validos porque asuma unha ou outra posición en temas de tipo sexual, relixioso ou político. É máis, recoméndoche que leas os meus comentarios sobre temas como seropositivos e sancións aos mesmos en Exipto e políticas de ITS que saíron en Vieiros. Nestes casos non falo en termos políticos senón profesionais xa que teño máis de 20 anos traballando no mundo sanitario e se alguén me pretende cualificar como homofóbico veña a Valencia, Edo Carabobo, Venezuela e pregúntelles a pacientes seropositivos que me coñecen e son os meus amigos sobre a súa peregrina afirmación. Riránselle na cara polo seu infeliz argumento.

A túa afirmación é tan necia, que para ti no suposto negado que fose un homofobo iso descualifícame para emitir opinión algunha.

Un pode ser o homofobo que queira, o antirreligioso que queira, o anticomunista que queira, o antifascista que queira. E mentres non agrida nin limite os dereitos de calquera destes grupos. Non está a cometer ningún delito. O que está a demostrar é que é tan estúpido como vostede.

COUTOVEN #8 28/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Donde din: "e non precisamente" "e precisamente"

COUTOVEN #9 28/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un sincero pracer señor Laudelino.

Se relé o comentario e agradézolle o habelo consideralo como digno de resposta. Aclárolle algunhas cousas.

A primeira é que os resultados en Bolivia foron o que se esperaba segundo as enquisas. E antes do mesmo xeito que hoxe. Bolivia segue polarizada.

Vostede cre que o referendo modifico en algo a realidade Boliviana?

Evo foi ratificado no seu cargo e os principais opositores foron igualmente ratificados e iso vostede sábeo. E creo que se lle esquezo mencionar ao revogado prefecto de Oruro o cal non é precisamente opositor. De tal maneira que a noticia máis que destacar algo que estatisticamente era esperado, dá a impresión que se toma partido por unha das partes. Polo menos iso é o que me impresiona.

Dígolle con honestidade que o meu interese en Bolivia é directamente proporcional ao nivel de influencia que ten Venezuela nese proceso. Pódolle asegurar e aínda sendo egoísta. Que o que ocorra en Bolivia para min pasa a un segundo plano xa que me importan máis os problemas que temos en Venezuela como venezolanos e como Galegos que facemos vida neste país. A cal como vostede sabe, é a segunda comunidade despois de Arxentina. Até o punto que en Vieiros hai un apartado de GZ-EXT Venezuela. A cal por certo, o menos que fai é falar da comunidade galega neste país e nin sequera respecta os lineamientos fundacionais deste medio. Lea Que é Vieiros? E comprenderame.

Con respecto ao seu desenvolvemento sobre a Coca en calquera das súas presentacións e ao financiamiento de Venezuela a Bolivia. Non podo compartir a súa interpretación por ser minimalista na miña modesta opinión.

Certamente vostede parece estar ben decatado da pouco democrática práctica de realizar alocucións quilométricas por parte de Chávez. Posiblemente tamén saiba, que as mesmas son de transmisión obrigatoria e totalmente exentas de réplica. Vostede non pode pretender minimizar algo que diga o PRESIDENTE DUN PAIS durante unha alocución en cadea nacional. Nunha mensaxe oficial á nación desde a asemblea nacional e diante de todos os poderes e o corpo diplomático. Sinceramente señor Laudelino. Non estamos a falar dunha festa patronal nin un concurso de chistes. De tal maneira que recoñecer de forma publica o consumo de folla e PASTA DE COCA e de paso recomendar o seu consumo é criticable e é un delito. Só doulle como exemplo, O xornalista e humorista (nacido en Canarias) Laureano Márquez foi multado por mencionar a morrocoya (VARIEDADE DE SAPOCONCHO) da filla de Chávez. Alegándose protección aos intereses e os dereitos dos menores. Non me dirá vostede que é insignificante para un neno ver ao principal mandatario do seu país indicando que consumir folla e PASTA DE COCA é bo e saudable. Ojala esa fose a única transgresión á lei do noso presidente.

Sobre as bondades terapéuticas da Coca. Voulle falar como médico con máis de 20 anos de exercicio. En primeira instancia. A coca é consumida polas poboacións indíxenas de Bolivia e Perú (rexión andina en xeral). As etnias indíxenas venezolanas non utilizan esta folla para nada nin son unha tradición ancestral. Se se busca algo con funcións alucinógenas falemos do YOPO que se é coñecido polas etnias indíxenas amazónicas e caribeñas. De tal maneira que as xustificacións culturais e relixiosas da coca non son aplicables en Venezuela baixo ningún concepto.

Con respecto á terapéutica. Certamente a coca foi o primeiro anestésico tópico utilizado (Carl Kohler). Pero na actualidade non é a base para ningún dos anestésicos locais como a LIDOCAINA. TETRACAINA, BUPIVACAINA, Etc. Que son fundamentais na anestesia local, conductiva, epidural, subdural, IV rexional e no caso da lidocaína súmanse accións antiarritmicas ventriculares. Todas as bondades descritas por vostede son reais e están descritas nos tratados farmacéuticos. Pero é bo que saiba tamén que na farmacopea existen principios activos máis seguros e confiables que brindan unha acción terapéutica similar. Entenda que o herbolaria popular é válida dentro dunha contorna cultural, pero as condutas terapéuticas tenden a ser universais e reproducibles en todas as contornas. Non pretenderá vostede que se un boliviano ou un peruano residente en Galiza ten unha gastritis, insomnio ou hipercolesterinemia teña que ser tratado con folla de coca polo simple feito de ter certas funcións terapéuticas e ser culturalmente aceptada polos pacientes.

Enténdase que todas as bondades terapéuticas da folla de coca poden ser reproducidas e superadas por produtos máis seguros, de máis fácil acceso e cunha dosificación máis confiable. Eu preguntaríalle a vostede. Que cre que pasase se a un ex adicto á cocaina dáselle a masticar unha inocente folla de coca ou degustar un té da mesma. Cre vostede que non se producirá unha recaída terapéutica? Reitérolle o inconveniente de ver isto desde un punto de vista minimalista. E se a realeza española haa masticado. Iso non convalida nin xustifica para nada o seu consumo. En última instancia non será nin o primeiro nin o último mal exemplo que deu a anacrónica monarquía.

Con respecto ao financiamiento a Bolivia por parte de Venezuela.

Non se pode divagar na certidumbre das axudas económicas e financiamiento de campañas electorais e partidos políticos. Sabemos que existen e existirán. E enténdase, xeran obrigacións e compromisos.

No caso de Venezuela hai casos ben documentados de entregas de diñeiro ao goberno Boliviano, as compras de flotas de vehículos por parte da embaixada Venezolana que logo pasan a mans dese goberno. Entregas de asfalto mentres as estradas venezolanas teñen máis cráteres que a lúa. E non falemos da presenza de militares e equipos ao servizo do goberno Boliviano. Saiba que xa se perderon dous helicópteros e hai mortos militares venezolanos. Con respecto á industria gasífera saiba vostede que non é o único investimento foráneo Venezolana. Moito menos a máis importante. O principal cliente de hidrocarburos e derivados de Venezuela é USA. Dirame vostede que non sabe que Venezuela ten vínculos con CITGO e as principais refinarías da costa este de USA.

Recorde que en Venezuela foi destituído un presidente por brindar apoio económico á presidenta de Nicaragua. Dígame vostede en que se diferencia isto ao que realiza Chávez co diñeiro de todos os Venezolanos. Unha cousa é o apoio económico de entidades financeiras e intereses corporativos e outra cousa ben distinta é que un gobernante dun país interveña de forma descarada na política doutras nacións. Que utilice o patrimonio da súa nación financiando aventuras imperialistas mientra o seu pobo pasa necesidades.

Para concluír. Cando vostede di:

A quen lle corresponde valoralo politicamente son vos electores venezolanos nas próximas eleccións presidenciais.

Eu pregúntolle. Vostede cre que o sistema electoral Venezolano garante eleccións xustas e sen ventajismo?

Vostede cre que é fácil facer proselitismo político cando apareces na LISTA TASCON?

Pode vostede darme as cifras definitivas do referendo consultivo feito en Venezuela a finais de 2.007 e se valeu de algo que o pobo rexeitase a reforma constitucional?

Reitérolle o pracer de compartir ideas e argumentos. Isto enriquece o coñecemento dos problemas e é unha vía para lograr solucións.

Coutoven.
Valencia, Venezuela.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Laudelino Pellitero

Naceu no ano 1958. É analista internacional. Experto en América Latina, onde ten coordenado múltiples encontros internacionais. Coautor de diferentes libros coma: O Conflito dos Balcáns, Cuba: independencia e Revolución, Rusia: das orixes á crise dun modelo, Homenaxes á Lois Tobío... Colabora tamén con A Nosa Terra, A Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Tempos Novos. Foi Coordenador Editorial de Tempo Exterior. Na actualidade dirixe o Instituto para a Proxección e a Análise Exterior (IPAEX).





Locais:
GZ-Sete