Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Tag: contaminacion

18/Novembro/2008 /

Pídenlle explicacións a Medio Ambiente sobre os vertidos no Ulla

Ana Pontón, do BNG, pregunta se a consellaría vai tomar medidas para frear a deterioración ambiental do río.


29/Outubro/2008 /

"Non hai escusas" para a tecnoloxía obsoleta de Elnosa que contamina a ría

Malia a grave contaminación da ría de Pontevedra e mentres se adía o traslado, máis exemplos de "connivencia política": o permiso do goberno español á industria para esquivar outros dez anos as recomendacións europeas.


29/Outubro/2008 /

O ''encalado'' do Eume podería afectar o formigón do encoro da Capela

As toneladas de carbonato botadas para corrixir a acidez poden dar lugar á formación de xesos que reaccionan cos compoñentes do formigón causando fendas e aumento da porosidade.


27/Outubro/2008 /

Urxen a investigar a grave contaminación por metais pesados no Eume

Colectivos ambientais consideran que a Fiscalía debería ordenar a paralización cautelar do enchido da mina d'As Pontes.


20/Outubro/2008 /

Aparecen centos de troitas mortas nun tramo cercedense do río Lengüelle

O BNG local denuncia que os exemplares volveron aparecer augas abaixo dun vertedoiro de resíduos.


14/Outubro/2008 /

ADEGA denunciará ante o fiscal os vertidos do río Alvedosa

O Domingo 12 de Outubro un novo verquido encheu de escuma o río Alvedosa no Concello de Pazos de Borbén.


8/Outubro/2008 /

A contaminación do aire das cidades poderase consultar en Google Earth

Presentáronse en Barcelona varios dos proxectos de ONG e institucións que aproveitan as posibilidades do software.


20/Setembro/2008 /

Nova manifestación na Coruña en defensa da Ría do Burgo

A marcha, apoiada por BNG, EU, CIG e Adega, entre outras organizacións e colectivos, partirá da Casa das Palmeiras, no Temple.


Imaxe virtual do futuro lago
16/Setembro/2008 /

O lago de As Pontes e o río Eume a debate

Organizada por Verdegaia e Fusquenlla celebrarase unha charla o vindeiro venres 19 na Casa da Xuventude en Pontedeume


15/Setembro/2008 /

Crean unha ruta contra as verteduras ao río Tea

O grupo ecoloxista ADENCO realizou un percorrido informativo de tres quilómetros ata a depuradora


27/Agosto/2008 /

Probábeis sancións de até 60 mil euros polos vertidos ao río Con

O Concello de Vilagarcía pide "a maior dureza posíbel" e a Consellaría de Medio Ambiente avisa de que a contaminación do río implicará elevadas sancións.


7/Agosto/2008 /

Viaxar só: máis caro en Lisboa

As peaxes de entrada na capital portuguesa serán máis caras para os vehículos que leven só ao condutor.


5/Agosto/2008 /

Vertedoiro portuario entre Ons e Sálvora

Agrupacións ecoloxistas e confrarías denuncian o verquido dos lodos procedentes dos dragados portuarios.


28/Xullo/2008 /

Greenpeace avisa os atletas: o aire de Beixín é de moi mala calidade

O colectivo ecoloxista alerta de que os deportistas, e non só eles, teñen razóns para estar preocupados polo que van respirar na cidade chinesa.


3/Xullo/2008 /

Vázquez retrúcalle a Greenpeace: o informe é "antigo, amarelista e decepcionante"

O conselleiro e Medio Ambiente considera que o documento presentado esta cuarta feira polo grupo ecoloxista "non reflicte a realidade".


2/Xullo/2008 /

Ladrillo e contaminación zoupando "ao puro estilo mediterráneo"

Greenpeace peneira polo miúdo as principais agresións á costa do país, advertindo do "negro futuro" do litoral se non se frea a degradación urbanística.


30/Xuño/2008 /

A fin do tiro ao pombiño (de momento)

Este ano non se fai o campionato do Grove, por non contar coa autorización de Medio Ambiente, pero os organizadores poderían estar a procurar un outro lugar no que facelo.


21/Xuño/2008 /

A Coruña maniféstase para salvar a Ría do Burgo

Pediuse a fin dos verquidos e a recuperación dos bancos de marisqueo.


Unha cacería de gorilas en Ruanda
25/Maio/2008 /

A partir de agora, o que contamina, paga

O Parlamento Europeo aprobou unha nova directiva que criminaliza certas infraccións ambientais e que prevé sancións penais para os responsábeis.


Central térmica das Pontes / Flickr: Mariano Grueiro
21/Maio/2008 /

As Pontes, Meirama e Repsol da Coruña emiten a metade dos gases do país

Segundo datos presentados por Adega, en 2020 morrerán 250 mil persoas en Europa por causa da contaminación.






Locais:
GZ-Sete