Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: palestina

Dous mozos con 'kufieh'
16/Novembro/2008 /

O esquecido aniversario da independencia palestina

O 15 de novembro de 1988, Arafat proclamaba a independencia do estado palestino e o seu kufieh convertíase en símbolo de resistencia.


A política de EUA en Oriente Próximo non semella que vaia mudar coa chegada de Obama
14/Novembro/2008 /

O 'man dereita' de Obama descúlpase por unhas declaracións racistas que fixo seu pai

"Claro que vai influír en que o presidente sexa pro-israelí. Por que non o ía facer? Que é, un árabe? Non vai limpar o piso na Casa Branca".


Este martes cumpríronse catro anos da morte de Arafat
12/Novembro/2008 /

Críticas a Hamás no cuarto cabodano da morte de Yasser Arafat

O presidente da ANP, Mahmud Abbas (Al Fatáh), acusouna de "desbaratar a iniciativa de paz" proposta por Iemen.


8/Novembro/2008 /

Con Obama si, pero con Israel e Fatah non

Hamás anunciou que boicoteará a reunión para o diálogo con Al Fatah convocada en Exipto. Paralelamente, pídenlle cita a Obama para falar.


1/Novembro/2008 /

Onde mesmo o fútbol é prohibido

O chileno Marcelo Piña analiza a situación de Palestina a través do deporte, nun documental exhibido na edición 2008 de Amal.


Palestina, de branca, e Xordania, de vermella, antes do partido deste domingo
27/Outubro/2008 /

Palestina, 1 - Xordania, 1: Unha vitoria moral máis alá do empate deportivo

A selección de fútbol palestina, dez anos despois de entrar na FIFA, xogou este domingo por primeira vez na casa.


17/Outubro/2008 /

Existiu outra Palestina

A exposición 'Palestina antes de 1948' amosa a realidade dun país moderno e cosmopolita antes da creación do Estado de Israel.


12/Outubro/2008 /

Sudáfrica e os dereitos civís como horizonte dunha nova estratexia palestina

A loita por un estado independente cede terreo ante a tese de combater para acadar a igualdade de dereitos dentro do Estado de Israel. Unha reflexión de Alberto Arce para o IECAH.


O iftar, ao acabar o día, é a hora na que se rompe o xaxún
30/Setembro/2008 /

Ramadán Kareem: Felices Festas!

A fin do Ramadán coincide coa celebración do ano novo 5769 do calendario xudeu, unha cifra próxima ao número de mortos da Segunda Intifada.


Rachida Dati
23/Setembro/2008 /

Rachida Dati: "Non se fala con terroristas, combátese contra eles"

A ministra de Xustiza francesa ofreceu unha conferencia en Israel. Por outra banda, un mozo palestino arrolou cun coche varios policías en Xerusalén.


19/Setembro/2008 /

Palestina: dentro e fóra

Moncho Iglesias fala dende Belén da exposición Inside-Out, que se pode ver no Centro da Paz da cidade.


14/Setembro/2008 /

Palestina ocupada nunha exposición fotográfica

O colectivo ACSUR organiza n'A Coruña unha exposición fotográfica e máis unha conferencia para dar conta da situación.


Palestinos liberados
25/Agosto/2008 /

O goberno israelí ceiba perto de 200 presos palestinos de Al Fatah

Tel Aviv presenta a operación, ao abeiro das conversas de Annapolis, como un xesto de boa vontade cara ao presidente Abbas.


10/Agosto/2008 /

"Para a nosa patria, un teito de nubes"

O poeta palestino, un dos máis prestixiosos escritores árabes na actualidade, finou o sábado nos Estados Unidos despois dunha complicada operación cirúrxica.


8/Agosto/2008 /

Man tendida entre israelís e palestinos a prol de máis garantías laborais

Un acordo histórico entre os sindicatos de Israel e Palestina protexerá os dereitos dos traballadores palestinos e será a base de futuras negociacións entre ambos pobos.


2/Xullo/2008 /

Un palestino e dous israelís mortos logo dun ataque cunha escavadora en Xerusalén

Segundo os medios israelís e as axencias internacionais, un home que conducía a máquina arremeteu deliberadamente contra un bus.


Tregua Palestina
19/Xuño/2008 /

Un último morto palestino pouco antes de dar comezo a tregua en Gaza

O lanzamento de proxectís en resposta á morte de varios combatentes da resistencia deu paso a un novo bombardeo israelí.


Bombardeo en Palestina
17/Xuño/2008 /

O cesamento do fogo entre Israel e Hamas en Gaza podería nacer morto

O Exército israelí mata varios combatentes palestinos, pouco despois de anunciar Exipto o inicio dunha tregua para esta quinta feira.


18/Maio/2008 /

Sesenta anos de Nakba

O 15 de maio conmemoráronse o aniversario desta catástrofe. Aquí podemos ler unha crónica de Moncho Iglesias sobre a as actividades en lembranza dos palestinos refuxiados.


15/Maio/2008 /

A blogosfera mobilízase a prol de Palestina

Unha cibercampaña propón que todo o mundo dedique o 15 de maio a lembrar o pobo palestino no seu blog.






Locais:
GZ-Sete