Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


15:00 18/06/2007

Deben ser expulsados os políticos que non acatan os pactos?

O acordo marco asinado polas direccións de PSdeG e BNG incumpriuse en catro concellos: o BNG rachou o pacto en Muros, Porto do Son e Corcubión, e o PSdeG en Pontecesures. Os protagonistas insisten en que as circunstancias concretas de cadanseu municipio desaconsellan o acordo. As executivas amósanse de momento inflexíbeis. E ti que opinas?

Comentarios (23)

Brais #1 18/Xuño/2007 Brais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só digo que tamén é triste ter que pactar nalgúns concellos. Dende Santiago non ven a determinados elementos que hai. É dicir, eu son do Bloque e téñolle que dar a pelotas o meu apoio a un tipo que non ten nada de socialista e que se comporta peor ca un do PP? Lóxica non ten ningunha. Rafael Mouzo perdeu a alcaldia de Corcubión por un pacto entre independentes e populares. Curiosamente, logo o PSOE fichou ao independente e integrouno. Agora Mouzo devólvelle a xogada, que esperaban?

En Muros tampouco parecía moi lóxico deixarlle a alcaldía a quen leva case trinta anos gobernando. Claro que dende Santiago só se preocupan de asegurar un novo goberno na Xunta.

Calidonia #2 18/Xuño/2007 Calidonia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min non me gustan esas propostas de expulsión que obrigan a esta xente a ser independentes. En calquera caso dentro de catro anos e antes das eleccións o BNG volverá a integralos se lle ten conta, como fixo e fai o PSOE en Oroso, Brión, Pontecesures, Corcubión...

Anxo #3 18/Xuño/2007 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paréceme ben que haxa un acordo marco entre ambas as duas formacións, pero ese acordo non debería ser de obrigado cumprimento, cada concello é un mundo, e un acordo xeral e obrigatorio podería funcionar moi ben en certos concellos e moi mal noutros, sinxelamente debería ser un acordo de prioridades que se prioricen os pactos entre eles, pero non que se obrigue.

carlosroca #4 18/Xuño/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois logo en que quedamos, se hai pacto ten que haber un cumprimento do mesmo senon son se chamaria máis que "suxestións ou orientacións en materia de pactos" ou algo así.
Ao BNG importalle o País e iso non é unha simples agregación de concellos, e non se lle perdoa nada polo que ten que ser moi escrupuloso e rigoroso.
Outra cousa é como xestionar a situacións, e con intelixencia se pode tirar benefico político dunha situación delicada como esta.

Anxo #5 18/Xuño/2007 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa sei que así de boas a primeiras os pactos deben ser de obrigado cumprimento, pero hai casos excepcionais. Comentoche non sei o que pasou en Chantada ao final pero por exemplo alí os do PSdeG son xente que marchou do BNG e pasaron a formar parte das listas do PSdeG, así que ainda que pacten as relacións poden ser moi malas e eso nin beneficia ao país nin a ningún dos partidos e menos ao pobo.

esquio #6 18/Xuño/2007 esquio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Debería de votar, o do BNG de Corcubión, Rafael Mouzo, polos mesmos que hai catro anos lle quitaron a Alcaldía e que despois de expedientes, repescou o PSOE para estas últimas eleccións? Xa non é que sexa un pequeno desproposito político, é que sería unha estupidez obrigalo a iso desde un punto de vista humano

Gaviotero #7 19/Xuño/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En estos momentos al BNG únicamente le une el poder. El día que Anxo deje la Vicepresidencia, todo al carallo...

txari #8 19/Xuño/2007 txari
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

as expulsióms só cando hai um desacato sem motivo, ligado a um clientelismo ou a um individulismo (o "quitate ti que jâ me ponho eu"). Nos casos onde esté demostrado (em Corcubióm sobran e sobran motivos, jâ que O Psoe integrou como cabeça de lista, número três e cinco a independentes de recalcitrante dereita e con dudoso amor pola democrácia)umha imcompatibilidade que faga ingovernábel o concelho (em Corcubióm sabíase dende fai catro anos que nom se apoiaría a Psoe nem independentes)pois ahí habería que apandar cumha ruptura dese pacto marco, que nono esquezamos, como bem apuntaron, faise dende Compostela como o PP e o Psoe fan a súa linha política dende Madriz.

Tarelo #9 19/Xuño/2007 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu coido que cada órgano de cada asociación política democrática debe tomar as decisións no seu ámbito, é decir: as asembleas locais e comarcais deben ser as que no seu ámbito (concello, comarca) decidan a política de pactos. Agora ben, en todo caso debese acatar o que establezan os ESTATUTOS de cada organización política, e se os Estatutos das organizacións aludidas din que os darriba mandaran e mangonearan sempre os de abaixo, os de abaixo debeno acatar, ou tentar modificar os estatutos da súa organización. Na miña opinión, impoñer dende Santiago unha política de pactos (con determinadas forzas) extricta, vai contra os intereses democráticos de calquera partido.

vieira #10 21/Xuño/2007 vieira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os pactos estabelecidos entre as direccións do BNG e o PSdeG deben ser cumpridos porque responden aos intereses dunha política de país. O deste ano subscrito entre as dúas formacións é máis realista que o do 2003 ao autorizar en determinados concellos non ter que coaligarse forzosamente e permitir gobernos en minoría da formación máis votada, que gobernaría con apoios puntuais.
O que afirman algúns comentarios sobre Corcubión non é certo. O anterior goberno estaba formado por unha formación independente (AVIC, a máis votada) e o PSdeG.
Sobre Rafael Mouzo dicir que sempre foi un "cacique de manual" que militou no Partido del Trabajo de España e logo no BNG, pero sempre exercendo unha política clientelar a través dunha rede de sumisos fanáticos eternamente agradecidos. A corrupción urbanística foi unha das características do seu reinado: a zona de Quenxe está aí para vela. O uso dunha tarxeta de crédito do Concello, coa que pagou gastos das súas viaxes ás Canarias ou a Cuba, é unha clara mostra do uso particular que facía da institución municipal. A ninguén sorprende a actual alianza co PP pois todos os corcubioneses saben que esas siglas en Corcubión son unha extensión encuberta do "rafaelismo".
Rafael Mouzo militou no españolismo, logo no nacionalismo e agora únese co seudoPP de Corcubión. Realmente o que foi e será sempre é militante do seu interese persoal.

A2b2 #11 21/Xuño/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Señor, Señor!.... ¡canto aprendiz de cacique no BNG!

kas84 #12 21/Xuño/2007 kas84
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non, porque cada caso é distinto. Algúns alcaldes do PSOE coma o de foz contribuiron ao boom urbanístico na zona, tense que apoiar iso? eu penso que non, nos concellos o que importan son os proxectos e as persoas, e non tanto o partido político.

Cesare #13 21/Xuño/2007 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deben de ser expulsados de onde?

Brais #14 21/Xuño/2007 Brais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Do poleiro

caralla #15 21/Xuño/2007 caralla
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Así que os pactos responden aos intereses dunha política de país? Así que pactar en Corcubión co Psoe, respondería aos intereses do país?! aaai que morro de risa! Respondería aos intereses do independente-máispalá da dereita do PSOE (que se presentou nas anteriores polo AVIC porque non o quixeron no PP e que levou como padriño un coñecido coleccionista de arte que conserva entre as súas reliquias o carné da falange) e respondería aos intereses dos independentes-tránsfugas que o acompañan, e que pertencen, non o esquezamos, a outro partido españolista (que será o único que compartan das súas siglas porque o que é socialistas e obreiros en Corcubión, demostrado que non son, cando no que máis se esforzaron foi en querer quitarlle dereitos aos traballadores e poñerse soldos). Como ves todos temos o noso pasado, tamén Rafael Mouzo, mais paréceme menos motivo de vergoña ter pertencido ao PT, naquel tempo, que seguir vendéndose hoxendía ao mellor postor. Que o de Quenxe está mal non o discuto, pero unha cousa é mal urbanismo e outra corrupción urbanística; dicir que foi unha das características do seu reinado é inxusto cando Corcubión foi exemplo en toda a comarca en servizos, calidade de vida e infraestructuras malia o seu anano orzamento. Así como inxusto me parece calificar de cacique a unha persoa que traballou pola súa vila e pola comarca toda a vida e abriu as portas da Casa do Concello a todo o mundo, mesmo aos que falan agora del desta maneira. Por último dicir que en Corcubión houbo, hai e haberá máis BNG que Rafael Mouzo. Adiante BNG de Corcubión!

Barcelos #16 22/Xuño/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si. Deben ser expulsados do seu Partido e xa que logo deben abandonar o escano. Xa que a xente vota Partidos non persoas. E se votan persoas, pois mal feito, que o volvan a votar cando estea noutro Partido.

patarruxo #17 22/Xuño/2007 patarruxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Debe o BNG apoiar a unha forza que os utilizou para auparse na alcaldía cando non acadoua a maioría absoluta e os chimpou a primeira de cambio por dúas veces?
Debe o BNG apoiar a alguén que leva 24 anos nun concello e que nese tempo perdeu 4000 habitantes (mais dun tercio da población)?
Debe o BNG apoiar a alguén que pensa que o concello e coma a súa casa e que leva tecendo unha rede clientelar todos estes anos poñendo e sacando xente ao seu antollo?
Todo esto e un largo etc. tería que facer o BNG en Muros para acatar o pacto. Se esto é facer país pois conmigo que non conten

Tarelo #18 27/Xuño/2007 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Debe ser facer país, Patarruxo. Vieria o mellor quere decir que o BNG en todo país fai o mesmo, e decir que mín a situación que espós de Muros, non se diferencia moito da situación en Redondela (agás no d aperda de habitantes). Vieira non nos chupamos o dedo, isto non é facer país , e facer caixa, é asegurarse o teto por 4 anos máis. Non é outra cousa. Hai que seguir mamando do teto polo país (adiante). Conmigo que tan pouco conten. VOTO NULO

galicecos #19 10/Xullo/2007 galicecos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Supoño que o acordo tería unhas disposicións transitorias que recollerían as excepcións que puidera haber en cada caso, coma calquera lei. Eu non son xurista, mais entendo que unha determinada lei non é aplicabel no seu conxunto a todos por igual, pois cada quen temos circunstancias diferentes. Somente son interpretacións que deben ser analizadas polos expertos.

AGIL #20 19/Xullo/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dado que devem "jogar" com a legalidade do Reino de EspaÑa, acontece o que acontece:
1.- Listas fechadas, quer dizer, de partido.
2.- Mas o eleito é "dono" do seu posto, segundo sentença do TC.
Se as listas fossem abertas, a "cousa" democrática seria quase coerente. Mas, como agora está essa "cousa", a incoerência é soberana:
A) Os partidos "exigem" dos eleitos nas suas listas que sejam "fiéis" e obedientes às ordens do partido, quer dizer, dos chefes.
B) Mas, se os eleitos desobedecem, não perdem nem podem perder durante toda a legislatura o posto a que foram elegidos.
....
É como issoutro de "um homem, um voto": Como pode afirmar-se tal, se já os votos dados a um partido ou agrupação que não consigam o 5% dos votos ficam no ar, perdidos, ou, antes, cumulados factualmente aos conseguidos pelos partidos mais votados...
....
Ou como a última asneira do Rahoi: quem não conseguir o 30% dos votos não pode governar nem participar em nenhum governo...
E nesse lugar do País Basco em que o pEpE tem a totalidade dos cargos municipais (6) com apenas o 7% dos votos?
....
Sem dúvida é certo o que dizem que marca a "dinâmica" "política" do Reino de EspaÑa:
1) "Si podemos hacer las cosas mal, por qué hacerlas bien..."
2) "Si las armas garantizan el funcionamiento democrático, por que no armarla simpre que nos sea posible..."

Manel #21 21/Agosto/2007 Manel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA

4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.

Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.

RogelioValdes #22 13/Decembro/2007 RogelioValdes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

OPERACIONES Nietos de Españoles CON ESTA NUEVA LEY ABERRACIÓN JURIDICA, NECESITAMOS LA AYUDA DE SU SANTIDAD Y LA UNIÓN EUROPEA
A su Santidad
Al Gobierno Italiano
A la Unión Europea



Con esta nueva ley, aberración jurídica, el PSOE, abortista y cobarde, y delictiva, como para matar a alguien que no se puede defender por no haber nacido y hay que ser cobarde para eliminar y negar sus derechos a nietos que cargan con la pena de perder a sus padres, pero siendo un hecho que la sangre se transmitió y son nietos, mal que le pese a estos, algunos con decenas de generaciones en España y dobles nietos con el porcentaje de sangre de, un hijo, estos cuantas generaciones tienen ?.

Puede un justo avalar una ley asi de injusta, no resiste el menor análisis.
Esta ley es el monumento a la decadencia del Gobierno y este llamado Rey Borbom frances que nada tiene que ver con España y bendijo el aborto y Rey de la injusticia.

La bajeza humana en cuanto a egoísmo esta inserta en el gobierno Español espesando por el Borbom y es fundamento de la división
cada vez mas profunda de España, de la mujer golpeada Española y de ser furgón de cola de Europa además de detestados por Europa.

POR SUS FRUTOS LOS CONOCERÉIS por el crimen abortista de los cobardes sobre un ser que no nacio porque no tienen lo que hay que tener para enfrentar algo que les devuelva las estocadas y por las leyes, monumento de la injusticia, discriminatorias y que roban los derechos a todos los nietos sin distinción pues no depende de un padre fallecido, es un absurdo, depende de su sangre, de quien es nieto, pero los nietos no son cobardes ni asesinos de bebes, ni roban derechos de ciudadanía en el egoísmo mas puro como estos

Es por eso su Santidad que le pedimos su intermediación ante ese Gobierno, el justo Gobierno de Italia y en la unión Europea
pues se le esta robando a un colectivo, su identidad y derechos básicos de vida, se lo esta eliminando como el cirujano elimina a un ser en un aborto.

Gracias.


Nietos de Españoles

ciberjudas #23 15/Decembro/2007 ciberjudas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aos políticos habería que xulgalos ao remate do mandato. E se roubaron, prevaricaron ou non cumpriron as súas promesas co electorado (non co seu partido) habería que metelos na cadea o doble de anos que estiveran no cargo.

O millor político é o político morto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:






Locais:
GZ-Sete