Pois si, está claro. É un sector estrátexico galego, do que dependen moitísimas persoas e que as empresas as están a expoliar como lle dá a gana. Os gandeiros están a subvencionar as súas propias granxas, iso é o máis grave.
Por suposto e si poidera darlle o diñeiro direitamente ao gandeiro ainda mellor.
Eu con Barcelos! Os gandeiros deben auto-organizarse e ter a súa propia fábrica e a súa propia rede de comercialización
O que hai que facer é acabar cos intermediarios, por europa en diante, nos supermercados hai botellas de leite do día e duran unha semana na neveira (ademáis de que o leite está mais bo sen tanto compoñente químico).
Estaría ben que os gandeiros de unha zona se agruparan para venderlla directamente aos supermercados da zona.
A solución non pasa por encarecer o produto. De feito, creo que é unha medida regresiva favorecer o encarecemento do leite: equivale a un imposto que pagamos todos por igual independentemente da nosa renda (ergo dun xeito nada redistributivo), por un ben de consumo dos máis básicos.
Pódese admitir a subvención ao sector, debido a que se trata dun sector importante na economía galega, pero hai que decatarse de que se fai falla subvención significa que o sector xa non é competitivo, logo habería que pensar ou ben en promocionar a criazón dunha grande empresa que agrupe aos actuais produtores, ou ben na reconversión (ben feita, en bos prazos, non traumática) do sector.
O que era necessário era processar as empresas leiteiras por estafa. Estafa ao produtor e estafa ao consumidor. O leite dos cartões leva de tudo agás leite.
dende logo que aceptaría un incremento por defender o sector estratégico, dende logo que coa teoría económica aplicada con ise rigor, xacobe, nom faremos nada, as subvencións sabemos onde rematan sempre e o margem que tenhen as "envasadoras" (pq o que fan é envasar e distribuir)seguiria sendo moi alto...a soluçom passa máis por agrupamento de intereses num sector galego:producción, envasado e distribución....
Estiven en Italia en Febreiro, alí o litro de leite custa 30 céntimos e iso que non son capaces de autoabastecerse. O leite era eslovaco¡¡ Aquí o que teñen que facer e deixar de gañar tantos cartos as leiteiras. Porque se suben o prezo remataran comendolles mercado os chinos do leite(os paises do leste de europa). Eu pagarei o que custe, iso está claro.
Leva coidado lunet, non te vaias arruinar, xeneroso. Non vaia ser que deixes de aforrar tres euros no mes.
Mi madriña, hai cada un por aí que mellor era nacionalizarse kurdo, pobo con máis futuro có galego.
o asunto do leite é o asunto de sempre neste mundo. e ue crea unha política de cuotas de producción e sela o mercado a entrada de leite de fora dá comunidade ó tempo que subsidia a exportación da mesma cara outros paises externos as fronteiras da unión.
paises de todo o mundo producen leite máis barato que o que se está a mover en galicia, en europa; e o grande beneficiado desta política de cuotas non é o productor, son os intermediarios e a industria que rodea o conglomerado agrario: alimentación animal, productos veterinarios, maquinaria agrícola, sistemas de producción e ordeño... e claro, a banca, a banca, mecagonomundo, que presta para montar centros de producción cada catro ferrados de terra os xóvenes erdeiros que deciden quedarse a traballar. así, en poucos miles de metros cadrados conviven estacións de ordeño, tractores de cen cabalos, autocargadores cada un máis grande que o outro, establos descomunais e fillas do toro sultán.
parece razonable que o usuario poda buscalo mellor prezo para mercar os productos que demanda, pero o modelo agrario non permite que un gandeiro que produce barato venda no mercado europeo. miramos sempre cara os eeuu cando falamos da solla e do millo en américa, pero aquí facémolo mesmo. estarían de acordo realmente os cidadáns nesas subvencións que, dos nosos impostos, se entregan á camarilla láctea? está de acordo o/a amo/a de casa en pagar, dentro do brick de leite, ese descomunal tractor que mercaron multiplicado por trinta tódolos veciños que produciron o producto? hum
as empresas ventan o xénero máis barato en nova zelanda e acabarán obligando os productores de aquí a baixalas súas tarefas, pero un litro de leite de aquí, sumando tódolos items, pode chegar a un custo de producción de até 40 pesetas de antes do euro. por moito que cacareen os tecnócratas de bruselas que é imposible restar a eses custes máis dun 7%, eu aseguro que minten. é imposible facelo tal e como se traballa en galicia, pero sí é posible facelo con outras estructuras.
as márxenes aquí xa son de por sí baixas, pero antes cunha explotación agraria pagábase malamente o censo e ahora queremos mandar os rapaces o mit facer o postgrado, mercar un piso na vila cerca do ambulatorio, conducir un mercedes benz e subirnos a cabina dun masey ferguson de dez mil euros. ou eso ou todos sindicalistas da tratorada, autentica parada de millonarios con john deere, os que soio falta un himno xeracional tipo born to be wild e unha easy ryder rodada en silleda.
un momento, coidado. non se trata de nacionalismo económico. si alguén está desposto a mercarlle o leite ( tal e como fago eu ) a feiraco, debería saber tamén esto. o prezo do leite no mercado libre non é un misterio, está ahí para calquera que queira velo. pero ese non é o problema: o problema son sempre os nosos políticos, empecinados en salvalos seus soldos e a nos darnos pan para hoxe ( xa foi para onte ) e fame para mañán. a política de cuotas caese a cachos e con ela caerá todo o montaxe que fixemos. pero as deudas dos que seguiron os preceptos dos gurús económicos non van a desaparecer. así que todo este boom lácteo deixará moitos cadáveres a un lado e outro do camiño. e non serán nin lences nin larsas nin celtas. serán, seremos, os vázquez e os méndez, os díaz e os martínez que sempre pagámolo pato.
Manda carallo Baltar. Mide a noticia e mide o teu comentario. Es a leite.
Na miña casa hai xa tempo que mercamos o leite que sabemos que é galego, inda que se vas ó Alcampo ou Carrefour podes atopar leite máis barato proveñente de Francia, etc, nós mercamos o leite daquí. Penso que merece a pena pagar un pouco máis se con iso apoiamos á economía do país.
dende logo, se noutros sectores nom temos tan claro a onde van os cartos que gastamos, no leite conhecemos a muitos propietários e sócios de explotaçoms gandeiras, na prensa cúbrese bem as adquisiçoms e absorcións de companhías, así sabemos que mercando leite de cooperativas galegas sen participación estrangeira (creio que só hai dúas) os cartos invistense directamente no sector galego, a espensas de se estas cooperativas financianse ou nom con céditos bancários de entidades alheas, que nono sei, pero son cartos que aprecio fican no sectos galaico...
En Asturias puxéronse dacordo e crearon a Central Lechera Asturiana, onde antes había centos de explotacións pequenas. Se os empresarios do leite queren ser competitivos, en vez de aplear a un patriotismo de peto farían mellor en asociarse.
Julicheiro, o asociacionismo esta moi ben... os socios valemos???
O problema mais grande desta terra, e que non ai mente empresarial, os janderos dalle ijual perder que janar. ¿sabes o que me dixeron o utro día?, ¡se fas pa comer xa cheja! Ti ves eso loxico...Pois dese xeito pensa a xente do campo. Encherse de tractores e ferros para usalos 3 días no ano e despois delos pudrindose na leira. Boas cortes ¡non! pasar menos traballo ¡non! Hai que rompe-lo lombo, e se ves para a casa coas mans sanjradas, xa janachelo día. Xa o decía Beiras no seu livro "O atraso economico en Jalicia".
Hai 9 anos havía 170.000 explotacións de leite na nosa terra, hoxe no pasan de 16.000, pero a culpa no e de ninjun joverno, se dos propios labrejos que no se preocupan por votarse para adiante.
Saudos dende a terra do lixo.
Eu, pola miña parte, podo estar errado, pero merco sempre o leite que considero galego, o de Feiraco, porque ademáis é de Cooperativa. Agradeciría algún comentario aclaratorio se me equivoco. Existe leite con denominación de orixe. Eu estaría disposto a pagar algo máis o caso é que pudera. Non só de leite vive o home, e non sei se poderei pagar máis en todo.
O tema da competitividade, dame medo, pois moita mentalidade capitalista acaba deribando en fraude, producindo pseudoproductos, case iguais en aspecto, pero de peor calidade. Eu non estou disposto a pagar competividade por vacas tolas, nin por aditivos e conservantes, nin por leite augada, nin por pesticidas, tranxénicos, etc. Coidado ca compatividade, PODE MATAR!
alastair, nótase que do campo sabes pouco,e nel dende lojo que pouco traballaches!! a culpa para nada é dos lrabejos, se ben si que hai certas reticencias ao cooperativismo, sen dúbida a solución do noso campo.
Só fai falla medios e paciencia para lograr un cambio de pensamento na maioría dos labrejos, principalmente nos de avanzada idade, que non son poucos, e impulsa aos mozos ao traballo no campo, que dende lojo que é sacrificado, pero tamén dá as súas satisfacións.
4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA
4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.
Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.