Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Demanda dos consumidores

Dell está a valorar se ofrecer Linux nos seus ordenadores

O fabricante de ordenadores Dell recibiu máis de 100.000 peticións dos seus usuarios para instalar por defecto o sistema operativo Linux en vez do Windows.

Redacción - 17:34 09/03/2007
O Linux podería distribuírse nos Dell

O Linux podería distribuírse nos Dell

Dell Computer Corporation, primeiro fabricante de ordenadores persoais dos Estados Unidos, está a valorar ofrecer o sistema operativo Linux como unha alternativa ao Windows nos seus computadores.

Segundo informou un portavoz da compañía, máis de 100.000 clientes reclamaron nunha caixa de suxestións na web de Dell que os seus ordenadores inclúan Linux, un sistema operativo libre e de código aberto. O empresa norteamericana tamén informa na súa web que os seus clientes tamén demandan a instalación por defecto do paquete OpenOffice, alternativa de balde ao Microsoft Office.

Estímase que o usuario final podería aforrar uns 75 euros na compra dun ordenador novo ao non ter que pagar a licenza a Microsoft polo uso do Windows.


Ligazóns

3/5 (2 votos)


Comentarios (1)

bandua83 #1 11/Marzo/2007 bandua83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esperemos que sexa verdade!! Porque se pagan 100-300€ por algo que non se pide (Windows) cando se compre un ordenata. Se o prezo do Win o puxeran por separado moitos empezarian a pensar se realmente vale eses cartos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: