Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TIÑA UHA INSCRICIÓN DE RESISTENCIA GALEGA

Desactivan unha bomba nunha obra en Cangas

O artefacto estaba nunha parcela onde se están a construir chalés adosados.

Redacción - 16:51 09/05/2007
Tags: bomba Cangas

Expertos da Garda Civil fixeron estourar de xeito controlado, pouco antes das 14 horas deste mércores, un artefacto explosivo en Cangas do Morrazo. A bomba estaba colocada nunha urbanización de chalés adosados que se están a construir no municipio. Un obreiro atopouna e deu a voz de alarma.

Aínda que polo momomento ninguén reivindicou a acción, a Garda Civil atopou unha inscrición de Resistencia Galega no artefacto. Os axentes coidan que militantes deste grupo independentista poderían ser os responsábeis.


Ligazóns

4,08/5 (13 votos)


Comentarios (9)

luimipi #1 10/Maio/2007 luimipi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

de verdade que estamos a facer isto?

Que cando estamos preto de quitar ETA en Euskadi...imos nos a crear ou deixar crear outro grupo terrorista en Galiza?.

As bombas non son a solución...as ideas pódense debater todas, pero falando, sen matar a ninguén, nin meter medo...

Gaviotero #2 10/Maio/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En esto estamos completamente de acuerdo, luimipi. No se puede ir hacia atrás.

Y en una de estas, jugando a "etarritas" se pueden llevar a alguien por delante. Y en este caso, lo más probable es que se hubieran llevado por delante a un obrero.

Menudo éxito.

luimipi #3 10/Maio/2007 luimipi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xa o sei...alguén que non lles fixera nada malo, seguramente sería un inocente 100%...con familia, etc...

Todo se pode e DEBE debatir SOAMENTE coa palabra, co diálogo, por moi diferentes q sexan as propostas...pq logo a xente xa decidirá.
Un exemplo aqui xa somos ti e mais eu...
estou seguro que temos 100 temas nos que pensamos diferente...pero tamén estou seguro que teremos outros tantos nos que pensaremos de xeito semellante...
...e todo se pode falar, inda que queiran a independenza de galiza, ou que conquistemos portugal ou o mundo...pq coa palabra, e a democracia, xa a xente decidirá o que quere facer co seu futuro...

...e iso é o bonito do sistema.

A2b2 #4 11/Maio/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Acaso Resistencia Galega será un colaborador activo do PP?

luisfoz #5 11/Maio/2007 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom concordo em absoluto com os métodos de "Resistência Galega", mas tampouco concordo com certo tipo de comentários. Considero que gentes que luitam; a seu modo e, em minha opiniom, equivocadamente; pola libertaçom do País merecem um respeito e nom se pode despachar o assunto com umha série de insultos.

Fer #6 11/Maio/2007 Fer
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#5 Pois eu nom concordo em absoluto.
Se Resistência Galega existe e nom é outra ferramenta política-policial é tam má para o pais como o PP.
Um pais construido pola violência no século XXI nom é o meu sonho.

Barcelos #7 11/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Certo home, unha persoa que utiliza o método de matar ou destruír cunha bomba a un inocente, ou culpable quizais, merece todo o respecto do mundo.
O que queda destruído pola bomba, ese non merece ningún respecto.
E o que critique estes métodos, tampouco merece ningún respecto.
Ti de que vas, carallo?

Barcelos #8 11/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#5

Barcelos #9 11/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Soy un ladrón. Necesito ganarme el pan como cualquier otra persona. Tenéis que respetar mi profesión". (Don Julián Muñoz)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: