Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Adega critica o incumprimento da lexislación

Outra media ducia de minicentrais afogarán ríos en Rede Natura

Os ríos Sil, Grande, Camba, Deva e Tea ofrecen exemplo recente de tramitación de novos encoros en zonas de alto valor natural.

Redacción - 14:30 16/05/2007

Á Confederación Hidrográfica do Norte, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, correspóndelle a xestión hidrolóxica da bacía Miño-Sil, feito que segundo critican desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza "non exime á Xunta de salvagardar a integridade dos nosos ríos".

Na opinión dos ecoloxistas, as consellarías de Medio Ambiente e de Industria deberan tomar a iniciativa e transmitirlle unha mensaxe inequívoca ás empresas: "non se autorizarán máis encoros nin minicentrais, e menos en espazos protexidos". Advirten de que non dar ese paso sería fallar ao compromiso estabelecido cando todas as formacións políticas apoiaron o texto da Lei de Protección e Conservación dos Ríos, impulsada co aval de milleiros de cidadáns que asinaran en favor da Iniciativa Lexislativa Popular en Favor dos Ríos.

Adega denuncia a existencia de novos proxectos nos ríos Grande (concello de Chandrexa de Queixa); Sil (Nogueira de Ramuín); Camba (Laza); no Deva (Arbo) e no Tea (O Covelo), todos estes en Rede Natura. Tamén critican a do Verdugo (Pontecaldelas). Ademais, non esquecer insistir na denuncia contra a que cualifican de "delirante" e "rocambolesca" obra que Iberdrola proxecta en Parada do Sil, no contorno dos Canóns do Sil.


5/5 (4 votos)


Comentarios (2)

Dordo #1 17/Maio/2007 Dordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Touriño ven ca matrácola de ampliar a Rede Natura para
reconciliarse ca cidadanía e de seguido pon en venta
estes espazos. ¿Para qué protexelos, entón?

Barcelos #2 18/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Manda carallo! ¡Un rio afogado!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: