Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DUBIDOSA LEGALIDADE

Zattoo: unha nova web que permite ver as cadeas españolas a través de Internet

A Primeira, A 2, Antena 3, Catro, Telecinco, laSexta, TVE Internacional, Canle 24 Horas e Teledeporte, gratuítamente en directo a través da rede

Redacción - 13:21 26/06/2007

Un novo programa dispoñible a través de Internet permite ver en directo, e cunha calidade relativamente alta, o sinal en directo das cadeas españolas a través de Internet. Trátase de Zattoo, unha aplicación dispoñible mediante rexistro para Linux, Mac VOS X e Windows.

Este programa, que xa gozaba de certa popularidade entre o público de fala inglesa, engadiu agora os sinais das principais cadeas españolas: A Primeira, A 2, Antena 3, Catro, Telecinco, laSexta, TVE Internacional, Canle 24 Horas e Teledeporte, que se poden ver en directo e gratis a través de Internet.

O sistema, de dubidosa legalidade, non infrinxe en teoría a lei ao utilizar a tecnoloxía P2P, de modo que non se retransmite desde un único servidor aos demais usuarios. Ao contrario, e de forma similar a redes como Emule ou BitTorrent, son os propios usuarios os que, mentres ven as canles no seu ordenador redifunden o sinal a outros usuarios. Zattoo engade ademais proteccións rexionais, polo que os usuarios españois só poderán ver as cadeas nacionais e algunhas poucas estranxeiras.

Dereitos deportivos

Aínda que en España estes sistemas aínda non gozaron de demasiada popularidade, o seu uso preocupa especialmente ás cadeas que dispoñen de dereitos deportivos de pagamento. Dixital+ xa cargou nalgunha ocasión contra páxinas similares, que ofrecían o sinal en directo de televisións estranxeiras que retransmitían en directo os partidos da Liga española mentres a plataforma de pagamento cobraba por eles no territorio español.

Zattoo non é a única aplicación destas características nin a máis recente, aínda que si é a primeira que ofrece o sinal das principais cadeas españolas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: