Coa chegada do verán aumenta o labor de vixilancia das zonas arboradas do país para evitar os incendios.
Chega o mes de xullo e con el a temporada de maior risco de incendios. A mocidade que participa no Voluntariado en Defensa do Monte Galego traballa para loitar contra a destrución dos nosos montes, con labores de limpeza e vixilancia. Neste vídeo elaborado por Pedro Carrasco coñecemos como é o labor diario destes voluntarios.
Cando o governo do PP impulsaba ao voluntariado parte dos que hoxe están no governo criticaban, agora parece que mudaron os anteollos e xa é lícito substituir as tarefas de persoal que deve ser contratado con voluntariado. Manda carallo! Pois eu critico que se programen estas tarefas con voluntariado governe o PP, BNG ou PSOE. Cando acontecen feitos non previstos, catastrofes por exemplo é cando se deve votar man do voluntariado, pero nunca para substituir empregos que tanta falta nos fan para os nosos parados, aqui o voluntariado está atuado de esquiroles, e lamento moito ter que dicer isto pero asi o vexo.