O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, destacou esta fin de semana o inicio da "posta en valor" do monte como do camiño para evitar lumes nos montes.
Suárez Canal referiuse aos "esforzos" para o aproveitamento da biomasa e a posta en valor "multifuncional" do monte, como factor de importancia para reducir o número de incendios no país. " "Melloramos os recursos, os materiais e os profesionais de prevención e extinción", comentou en entrevista na Radio Galega, "os deberes están feitos, pero nos incendios interveñen moitas variables, especialmente, a man do home", opinou.
O conselleiro asegurou que o Goberno fixo "un importante esforzo orzamentario", comentando por exemplo os cen millóns de euros investidos na limpeza e acondicionamento de arredor de dous milleiros de núcleos de poboación. Así e todo, e aínda salientando o traballo en contacto cos municipios, sinalou "a resposta desigual" obtida a nivel local, aínda que evitou ver implicacións políticas e achacoulla ao proceso electoral e os cambios de organización nos concellos. Ao respecto da loita contra o lume, afirmou que os representantes políticos deben "evitar a crispación" no caso de que se produza unha nova vaga de incendios.
Por outra parte, avaliou a confrontación entre os sindicatos e a administración no ámbito dos servizos de extinción de incendios. Suárez Canal amósase optimista despois do acordo con UXT e CIG e opinou que será posíbel o acordo tamén con CCOO, que planifica unha folga en pleno verán. "A nosa situación é herdada doutro goberno e estamos negociando novos convenios", explicou.
Cualifica de "atentado" talar vides
"En Galiza non se poden arrancar cepas, a nosa viticultura é nalgunhas zonas heroica e ten unha importante función social e económica", afirmou o conselleiro sobre as implicacións da reforma da Organización Común do Mercado do Viño proposta pola Comisión Europea.
Suárez Canal alertou de que esta iniciativa da UE contribuiría ao abandono do medio rural. Sobre a simplificación da etiquetaxe, que eliminaría a definición obrigatoria actualmente entre viño de calidade e os de mesa, sinala que hai que ter en conta que Galicia comercializa exclusivamente viño de calidade "polo que se debe esixir, como mínimo, que a etiquetaxe conteña entre os seus elementos obrigatorios a orixe da uva utilizada".
Suarez Canal, amigo, vales moito, que teñas moita sorte.
Como dixo él, nos lumes interveñen moitas variables, e a principal, os que os prenden, segue ahí, non desaparceu, co que o único que nos queda é atallar os lumes antes de que acaden dimensións incontrolabeis. Eu penso que lumes haberá os mesmos ca sempre, pero entre o que xa está queimado e as medidas tomadas non deberían acadar dimensións catastróficas.
O que xa me mosquea un pouco é, respecto ás viñas, ver cómo ardeu todo o ribeiro, non sei se puido ser para pasar a labradío eses terreos forestais, se se pode facer ou non, pero de que hai demasiados bacelos pra viño en Europa xa hai moitos anos que se ven falando, así que se ó final, coma ocurriu sempre, o goberno de Madrid perxudica a Galiza para favorecer a outras rexións do estado e obriga a arrincar as cepas, que se teña en conta a antiguidade das plantacións.
Sorte co dos lumes
Coa chegada do verán aumentan os programas de debates onde o lume é protragonista.
Casualmente CC OO (ou comisións obreiras) e PP coinciden sospeitosamente en argumentos tan malintencionados como blasfemos.
Menos mal q na mesma tertulia estaba un representante dos montes en mancomún q puxo a cadaquén no seu sitio:
-,, A Conselleria do medio rural vai empregar os voluntarios para apagar lumes": falso, o mesmo representante dos montes en mancomún dixo q eles eran voluntarios para coidar e vixiar o monte e nunca lle propuxeron apagar lumes.
-,,A Conselleria prometera eliminar as empresas privadas acólitas da Xunta": e así é, as empresas son de titularidade totalmente pública e controladas polo Parlamento. E mirade por onde foron creadas porq os funcionarios dedicados a apagar incendios non recollen dentro dos seus labores determinados traballos q teñen q ser realizados por empresas como as públicas. Manda truco!
-,,Estase a retrasar a entrega de material aos traballadores non se sabe por que causa": isto xa é de risa, disque a propia Conselleria non kere entregar o material aos traballadores para apagar os incendios, non o credes nin vós. Un argumento tan baixo di como son o q o inventaron.
Na loita contra o lume non hai partidos srres. hai monte q debemos procurar q non arda: para isto é necesario q algúns calmen aos seus votantes, q xa volverán gobernar cando lle toque.
Sí, e bastante sospeitosa a coincidencia entre o sindicato CCOO e o PP, e esta coincidencia xa ven de atrás.
Acaso os outros dous sindicatos non queren o mellor para os traballadores??.
juju, folga en pleno verán? E nesto dos "bombeiros" do monte, como funcionan os servizos minimos?